Un ano máis volve o Torneo F-8 que organiza o Erizana C.F. de Baiona. Comezará mañá martes 26 de marzo e durante tres días, ata o xoves 28, a competición desenvolverase nas instalacións deportivas Aral-Fontiñas e no Campo de Val de Martín.
O salón de Plenos do Concello de Baiona acolleu esta mañá a presentación da XII V Edición do Torneo F-8 Erizana C.F. na que participaron Óscar Pérez Piñeiro, Coordinador do Erizana C.F., José Antonio Figueroa Comesaña, Presidente do Erizana C.F., Ana Iglesias Rodríguez, Concelleira de Deportes de Baiona, e o Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña.
O Torneo disputarase nas categorías de Alevín (2012-13), Benjamín (2014-15) e Prebenjamín (2016-17) e acudirán os mellores equipos destas categorías a nivel galego.
Os equipos dividiranse en grupos, para a disputa da 1º Fase da cal sairán os equipos que pasarán á Fase Final. Os enfrontamentos serán independentes en cada grupo e levarán a cabo por un sistema de liguiña a partido único.
O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, agradece “a implicación dos organizadores neste evento que atraerá ata Baiona a máis de 700 deportistas durante tres días”. Vázquez Almuiña tamén quixo”porne valor o traballo feito ao longo de todos estes anos polo Erizana C.F.”.

