Home Baixo Miño A Guarda O BNG demanda medidas prácticas a favor do galego no Día das...

O BNG demanda medidas prácticas a favor do galego no Día das Letras

- Anuncio -

Anxo Baz:” É unha anomalía que os nomes de moitas das rúas da Guarda ou o contestador automático do Concello non estean aínda en galego ”

O BNG ven de rexistrar unha iniciativa no Concello na véspera do día das letras galegas para demandar unha serie de medidas que contribúan a poñer en valor o noso idioma e de paso dar cumprimento a lei de normalización lingüística .

Precisamos actuar en todos os ámbitos e contribuír xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego con normalidade.

As administracións locais teñen un papel importante no proceso de normalización abalado polo artigo 4.1 da lei 3/1983 do 15 de xuño de normalización lingüística no que se declara o galego como lingua oficial das administracións locais.

Anxo Baz, portavoz municipal do BNG afirma que “a rotulación de moitas das rúas da nosa localidade amosa unha absoluta falta de respecto pola nosa lingua ademais de incumprir a lei de normalización lingüística que recolle que os topónimos en Galiza terán como única forma oficial a galega , sirva como exemplo: Calle Bajo Muro, Plaza de la Iglesia, Transversal San Cayetano, Calle Bayona, Los Bechos, Transversal Coruto Viejo, Pahiño-Buján, El Castro, Subida al Torroso, Plaza de Buján entre outros moitos”.

E remata concluíndo “E unha anomalía que os nomes de moitas das rúas da Guarda ou o contestador automático do Concello non estean aínda en galego ”

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas