Mos acolle con éxito o Campionato Galego de Natación Adaptada con máis de 180 participantes

Redacción
Lectura mínima de 1

O Concello de Mos acolleu este mércores 15 de abril o Campionato Galego de Natación Adaptada, unha cita organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado que reuniu na piscina municipal Óscar Pereiro a máis de 180 nadadores e nadadoras pertencentes a 11 clubs de toda Galicia.

A competición desenvolveuse ao longo da mañá cun amplo programa de probas e categorías, poñendo en valor o deporte inclusivo e o alto nivel dos participantes.

A entrega de medallas contou coa asistencia do tenente de alcalde, Camilo Grandal, e do concelleiro Evaristo Ucha, quen acompañaron aos deportistas nun dos momentos máis emotivos da xornada.

Desde o Concello de Mos sublíñase o valor deste tipo de eventos, que non só promoven a práctica deportiva, senón que tamén contribúen a visibilizar o talento e a superación das persoas con diversidade funcional.

A boa resposta organizativa e a participación rexistrada reforzan a posición de Mos como sede idónea para competicións deportivas de ámbito galego. Desde o Concello de Mos destácase o éxito organizativo e a elevada participación subliñando a importancia de seguir promovendo iniciativas que fomenten a inclusión, a igualdade de oportunidades e a práctica deportiva para todas as persoas.

Comparte este artigo