Home Vigo Mos Mos contrata a acometida do saneamento na N-550 en Louredo

Mos contrata a acometida do saneamento na N-550 en Louredo

- Anuncio -

Así o informaron a alcaldesa, Nidia Arévalo, e o edil de Obra Pública, Camilo Grandal, que deron conta en Xunta de Goberno do comezo do procedemento de contratación da obra, financiada nun 80% por Augas de Galicia, e cuxos traballos iniciaranse nun mes

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o seu tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, deron conta en Xunta de Goberno Local do inicio do procedemento de contratación por parte da administración local mosense da obra de acometida da instalación da rede de saneamento no tramo da Estrada Nacional 550 ao seu paso pola parroquia de Louredo.

Prevese que, unha vez finalizado o proceso de contratación, poderán iniciarse as obras, que se estima poidan comezar xa no prazo dun mes. Os traballos realizaranse grazas á sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello e a entidade Augas de Galicia dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia. O custo total das actuacións contempladas neste convenio ascende a 22.648,32 € do cal Augas de Galicia financiará o 80% do importe total final da actuación ata un máximo de 18.118,66 € e o Concello de Mos asumirá o 20% restante.

O proxecto ten como obxectivo as obras necesarias para realizar a “rede de saneamento na Estrada N-550 tramo 1- parroquia de Louredo”, e completar ditas redes e permitir que dito servizo de saneamento dea servizo á máxima extensión do concello. Co fin de chegar a todos aqueles lugares e vivendas do concello de Mos, que aínda carecen deste servizo. Levarase a cabo a execución de 187,00 ml de saneamento.

As obras consisten na canalización das diferentes tubarías de PVC destinadas á rede de saneamento incluíndo todas as operacións complementarias: excavacións, pozos, reposicións…

O prazo de execución que se estima para a execucións das obras é de seis (6) semanas para o colector que se proxecta, incluído o estudo e preparación das mesmas. Dito prazo comezará a contar a partir do día seguinte ao da sinatura da Acta de Comprobación do Replanteo, entre a dirección de obra e a empresa contratista das mesmas.

As actividades que máis condicionan a duración dos traballos son a excavación e montaxe de tubarías e pozos de rexistro.

Relacionadas

Rafa Domínguez enxalza o papel pioneiro de Balbino de las Fuentes durante a presentación...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no Museo de Pontevedra na presentación do libro “Fuentes Mora. La radio en...

III Encontro de Igualdade da provincia de Pontevedra

0
Os Comandos Cova de Cova Terreña e Rochas Violetas do IES Primeiro de Marzo uníronse nesta xornada moderada por Chus Oliveira, recoñecida figura en...

Smart Mobility Marín: unha aplicación para consultar en tempo real a ocupación dos aparcadoiros...

0
A App pode descargarse nos móbiles e é un dos piares do proxecto Smart Citie, que se financiou a través de Marín Dusi, e...

O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no...

0
O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no marco da celebración do Día da Nai. Para iso, puxo...

O Concello de Marín celebra o Día das Letras Galegas con actividades durante todo...

0
Marín quere aproveitar o Día das Letras Galegas, celebrándoo ao longo do mes coa programación de distintas actividades.  O Concello de Marín programou unha axenda...

Unanimidade na Deputación para esixir ao Goberno central a busca de solucións para a...

0
O pleno aproba prorrogar o servizo de limpeza dos centros provinciais, a poxa para as 14 parcelas libres do polígono de Barro, confirmar a...

Publicacións Relacionadas