Home Vigo Mos Mos inicia a licitación do proxecto da Escola Infantil do Rebullón cuxa...

Mos inicia a licitación do proxecto da Escola Infantil do Rebullón cuxa construción comezará en verán

- Anuncio -

O novo centro da Rede A Galiña Azul e integrado no Macro Proxecto Sociosanitario do Rebullón constará de 82 prazas de 0 a 3 anos e instalarase nunha parcela de 5.031,29 metros cadrados de superficie

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou hoxe de que a administración local mosense vén de iniciar o expediente de contratación do proxecto da nova Escola Infantil do Macro Proxecto Sociosanitario do Rebullón que ademáis do centro educativo inclúe Centro de Saúde, Centro de Coidados Intermedios, e Residencia de Maiores.

Unha vez realizado o proxecto, prevese que as obras se inicien este vindeiro verán. Tal e como anunciaba esta mañá Arévalo, rexedora local mosense.

A alcaldesa apuntou tamén que a nova Escola Infantil do Rebullón, edificarase nunha parcela de 5.031,29 metros cadrados de superficie e estará dotada de 82 prazas.

Tratarase dun edificio modular cun orzamento total que ascende a 1.250.000 euros, para o cal o Concello de Mos xa conta con apoio económico de financiación por parte da Xunta de Galicia de 707.198,70 euros a través de convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Política Social e a administración local.

Esta Escola Infantil modular execurarase en dúas fases. A primeira fase, que será a que comece este verán, cubrirá o 50% da capacidade das aulas, isto é, construiranse as zonas comúns e 3 aulas para 41 prazas. A segunda fase levarase a cabo o vindeiro ano 2025 e nela acometeranse as 3 aulas restantes para as outras 41 prazas.

Este macroproxecto sociosanitario será pioneiro en España ao incluír Escola Infantil. Para o recinto do Rebullón tamén está prevista unha residencia de maiores de 150 plazas, un novo Centro de Saúde que sustituirá ao actual e que incrementará nun 44% a súa superficie, e un Centro de Coidados Intermedios de 60 prazas.

A este respecto Nidia Arévalo declaraba que “co proxecto do Centro de Coidados Intermedios en licitación pola Xunta de Galicia, e o inicio do expediente de contratación do proxecto da Escola Infantil por parte do Concello, damos o ‘pistoletazo de saída’ para o novo Rebullón. A partir deste verán comezaremos a transformalo nun centro sociosanitario de referencia no país”. “É outro soño que se fará realidade para Mos. Un logro histórico ademais, ao recuperar este edificio emblemático na provincia para dar servizos tan necesarios e demandados en Mos e comarca, polo que lle dou as gracias á Xunta de Galicia polos compromisos con Mos cumpridos”, finalizou Arévalo.

Cómpre lembrar que o Concello de Mos xa inclúe no orzamento municipal desde 2023, partida para o novo macroproxecto sociosanitario do Rebullón.

Datos sobre o Centro de Coidados Intermedios

O novo Centro de coidados intermedios no antiguo Hospital do Rebullón estará dirixido á atención de persoas que, tras unha estancia hospitalaria, requiren atención residencial específica de xeito temporal. Coidados tales coma a rehabilitación da autonomía das persoas tras un proceso de hospitalización agudo; para evitar as largas hospitalizacións innecesarias; e maximizar a independencia das persoas que, polo xeral, permitiralles volver vivir na súa contorna habitual.

Constará de 3 andares ou plantas para o desenvolvemento do programa funcional cunha superficie de aproximadamente uns 3.600 m².

A distribución espacial do Centro de Coidados Intermedios contemplará espazos suficientes para albergar tanto aos residentes ingresados no mesmo como aos profesionais que nel desenvolvan o seu traballo. Neste senso, teranse en consideración unha serie de zonas ou áreas claramente diferenciadas e independentes entre si: área de espazos comúns, área de servizos xerais, área de coidados sanitarios e área residencial dunhas 60 prazas.

Coordinadamente coa proposta do Centro de Coidados Intermedios, as actuacións previstas no antigo hospital contemplan a reserva dun espazo ou área de movemento que conecto co novo centro de saúde que estará baixo a titularidade do SERGAS. O novo elemento arquitectónico destinado a centro de saúde integrarase estética e volumetricamente co novo edificio do Centro de Coidados Intermedios, de xeito que o resultado final do conxunto edificado sexa harmonioso e coherente entre ambos.

Relacionadas

Armando Bastida, criar con sentido común ou como educar sen morrer no intento

0
A Semana da Educación arrancou este luns a súa décima edición coa conferencia do enfermeiro experto en saúde infantil e educación, que ofreceu ao...

Arbo e Sainte-Terre fortalecen lazos de unión coa firma do irmandamento en Francia

0
• No Salón de Plenos do Municipio de Sainte-Terre, levou a cabo a firma oficial do Memorando de Entendemento entre Santa Terre (Francia) e...

O Pavillón de Carballedo pasará a denominarse “Xose Luis Bouzas Ambroa, O Rubio”

0
O PP vota NON a reclamar a mellora do tendido eléctrico, e impide o debate dunha moción de rexeitamento a megacelulosa de Altri O Pleno...

O Concello de As Neves segue mellorando os accesos ás vivendas da veciñanza

0
• Actuacións na zona de Guláns/Estación para  garantir mellores infraestruturas locais  As Neves a 10 de febreriro de 2025.- O Concello de As Neves continúa...

O Concello lanza unha campaña especial por San Valentín

0
Con “Tui, meu amor” aposta por eventos inmersivos para disfrute de toda a familia O Concello de Tui presenta a campaña "Tui, Meu Amor" con...

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza

0
Un concerto este sábado ás 21 h no Teatro Municipal conmemorará este aniversario A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza cun concerto a...

Publicacións Relacionadas