Nidia Arévalo supervisa xunto aos veciños de Celado o avance da obra no Camiño Monte do Coto

Redacción

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o arquitecto Xavier Rivas mantiveron unha reunión coa Asociación de Veciños de Celado para explicarlles sobre o terreo como vai a obra de explanación do PIA e a súa conexión co vial municipal. Neste percorrido tamén estiveron os concelleiros Camilo Grandal, Leo Costas e Evaristo Ucha.

Durante o encontro realizouse un percorrido pola zona para mostrar aos representantes veciñais como se está a desenvolver a actuación e amosarlles o trazado en execución e a futura rotonda de unión entre o novo vial que substitúe ao antigo trazado que atravesa a Ciudade Deportiva Afouteza e o Camiño do Monte do Coto.

O recorrido realizouse ata a zona ubicada xunto a Doral Residencias, onde está proxectada a rotonda de unión coa estrada provincial.

Outro dos asuntos abordados foi o da ampliación do Camiño do Monte do Coto. Segundo se trasladou durante a reunión, está prevista a sinatura dun convenio co Real Club Celta que permitirá iniciar o procedemento de expropiación dos terreos necesarios para executar dita actuación.

Dito procedemento realizarase de maneira pactada cos veciños propietarios dos terreos afectados, procedemento necesario para acomter a obra prevista dende o Camiño  do Monte do Coto ata a estrada de Pardellas.

Seguindo os procedementos pertinentes de expropiación e contratación, a previsión é que a obra poida iniciarse tralas datas do Nadal.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destacou a importancia de “explicarlles aos veciños directamente sobre o terreo como se está a desenvolver a actuación”, sinalando que o encontro permitiu aclarar as dúbidas sobre o trazado e os pasos previstos para a ampliación do Camiño do Monte do Coto.

Comparte este artigo