Home O Salnés Meaño Nota do BNG de MEAÑO sobre o pleno extraordinrio do 11/03/24 coa...

Nota do BNG de MEAÑO sobre o pleno extraordinrio do 11/03/24 coa seguinte orde do día

- Anuncio -

RESOLUCIÓN DE RECLAMACIÓNS PRESENTADAS Ó ORZAMENTO MUNICIPAL CORRESPONDENTE AO EXERCICIO ECONÓMICO 2024 E A MODIFICACIÓN PUNTUAL DA RPT E APROBACIÓN DEFINITIVA, SI PROCEDE.

  • O BNG criticou unha vez máis a falta de transparencia coa que goberna o alcalde Carlos Viéitez, posto que continúa convocando Plenos ás 14h, horario que impide asistir á veciñanza por motivos de traballo e conciliación familiar.
  • O BNG representa a única forza da oposición na corporación municipal despois de que o alcalde Carlos Viéitez e o seu grupo Veciños de Meaño regresara ás filas do Partido Popular.
  • O Grupo de Goberno desestimou todas as alegacións feitas polos traballadores e traballadoras municipais ao orzamento e á modificación da RPT.
    • A ampliación dunha praza de coidador da terceira idade a xornada completa e a solicitude dun procedemento de promoción interna non foron posibles debido á negativa da Alcaldía.
    • A Alcaldía non soubo explicar que criterio segue para retribuír os 9.000€ existentes no orzamento aos traballadores municipais como complemento de produtividade, do que se deduce que o fai “a dedo”.
  • O BNG argumentou que a Alcaldía debe ter capacidade negociadora e atender as peticións dos traballadores e traballadoras municipais, xa que iso revertería positivamente nos servizos que o concello ofrece á veciñanza.
  • O BNG criticou que a Alcaldía se refuxie no axustado que está economicamente o concello, xa que toda distribución dos recursos económicos é unha declaración de ideoloxía. Lamentablemente o orzamento para o ano 2024 aprobado definitivamente neste Pleno non supón ningunha melloría dos servizos que o concello ofrece á veciñanza.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas