Home O Salnés Meaño O alcalde de Meaño exerce de oposición da oposición, en vez de...

O alcalde de Meaño exerce de oposición da oposición, en vez de gobernar

- Anuncio -

O BNG de Meaño denuncia a sistemática obstaculización no seu labor de oposición que sofre por parte do alcalde, Carlos Viéitez.

Ás portas do próximo Pleno ordinario, a celebrar presumiblemente o próximo xoves 11 de abril, e despois da última comisión informativa celebrada o venres 5 de abril, o BNG de Meaño segue vendo como o alcalde Carlos Viéitez obstaculiza sistematicamente a labor da oposición.

A Alcadía desestimou unha das mocións que a concelleira do grupo nacionalista pretende defender no próximo pleno sobre a existencia de vertidos de augas fecais no Río da Chanca á altura do Muíño da Birta no lugar de Abuín, na parroquia de Dena. Esta situación xa foi denunciada polo BNG de Meaño dándolle voz ás queixas da veciñanza; recentemente tamén o fixo o Colectivo Ecoloxista do Salnés. O acordo proposto polo BNG consiste en instar á xunta de Galicia para que controle o estado do río e se erradiquen os vertidos, mais este non foi aceptado na comisión informativa que precede ao pleno. O BNG non comprende a negativa da Alcaldía a debater este asunto no Pleno, buscando solucións para mellorar a calidade da auga do río e preservar a Ría de Dena nos Pasales, lugar de moito interese pola súa paisaxe e biodiversidade.

O BNG contempla o esperpento a este respecto: o alcalde escúdase en cuestións competenciais para escusar a inacción ante as verteduras, mais cando se lle insta á reclamar solucións a Augas de Galicia oponse, afirmando que teme a que dito organismo saque as cores ao Concello polas deficiencias no saneamento municipal. En resume: o único que lle preocupa é non quedar mal, ou, ter que traballar e xestionar para evitar a morte dos nosos ríos e regatos.

Outra mostra máis das trabas que pon o Goberno Municipal á labor da oposición que o BNG está a desenvolver en Meaño é a privación dun local onde a organización desenvolva a súa actividade política. A organización solicitou xa fai 6 meses este espazo, baixo o amparo da Lei de Administración Local de Galiza e do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais. Así mesmo, o BNG de Meaño ten constancia da dispoñibilidade de diversos espazos inutilizados no concello, polo que non se xustifica a negativa da Alcaldía, con quen falou en numerosas ocasións sobre o tema.

A organización continuará exixindo este lugar que por dereito lle corresponde.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas