HomePontevedraCaldasO alcalde Ricardo Martínez e membros da Comisión de Festas ...

O alcalde Ricardo Martínez e membros da Comisión de Festas presentaron o programa festivo e relixioso de San Benito de Lantaño

- Anuncio -spot_img

A partir das 8 da mañá do día 21 haberá misas cada hora e pola noite a verbena correrá a cargo de Unión y Fuerza

O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e membros da Comisión de Festas de San Benito de Lantaño presentaron o programa festivo e relixioso que terá lugar o xoves 21 de marzo na honra deste santo moi popular e miragreiro.

Así, a partir das 8 da mañá do xoves 21 haberá misas cada hora e tamén ás 18, 19 e 20 horas pola tarde. A misa solemne será ás 13 horas seguida de procesión e gran tirada de fogos de artificio. A partir das 11 horas da mañá terá lugar a actuación da Banda de Música unión de Lantaño que amenizará a xornada e acompañará aos devotos de San Benito na procesion.

A Comisión de Festas informa á veciñanza e tamén aos devotos de San Benito que se acheguen ata Lantaño que se amiten ofrendas ou donativos para o santo para subatar posteriormente entre os asistentes a esta xornada.

Pola noite, a Comisión de Festas ten previsto comezar a verbena ás 21 horas e correrá a cargo da coñecida orquestra Unión y Fuerza.

Os membros da Comisión de Festas agradecen a colaboración do Concello de Portas, aos establecementos comerciais que axudan económicamente á organización e tamén á Comunidade de Montes de Lantaño e a Protección Civil de Portas.

Publicacións Relacionadas