Home Pontevedra O Condado O Bipartito vota en contra de solicitar ao Goberno Central máis prazas...

O Bipartito vota en contra de solicitar ao Goberno Central máis prazas de médicos e enfermeiros para Galicia e Ponteareas

- Anuncio -

• “É ilóxico que monten unha plataforma para a defensa da Sanidade e logo voten en contra desta medida”.

• A Xunta poderá cubrir e financiar a totalidade das prazas que se demandan nos Centros de Saúde cando exista lista para contratar, que debe ser habilitada polo Goberno Central.

O Grupo Municipal do PP lamenta a posición en contra que tivo o bipartito en relación á moción presentada polo populares que instaba o Goberno de España a sacar un MIR Extraordinario que posibilitase a ampliación de prazas de médicos e enfermeiros en Galicia.

“Queren unha mellor atención pero votan en contra das melloras que son necesarias para a mesma. Se non se poden contratar máis médicos e enfermeiros non poderemos aliviar as listas de espera nin mellorar a atención sanitaria. Interésalles que as cousas vaian mal para poder saír coa pancarta”, lamentan os populares.

Aumentar o número de profesionais no sistema sanitario e resolver o déficit de médicos en primaria está en mans do Goberno do Estado, e só cando o fagan poderá a Xunta de Galicia cubrir a totalidade das prazas que se demandan nos centros de saúde.

Outra das medidas que propoñía o PP e que o bipartito votou en contra era esixir ao Goberno de España que cumprise co acordo de eliminar as limitacións impostas para as taxas de reposición de efectivos nos sistemas sanitarios públicos autonómicos.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas