Home Pontevedra O Salnés O BNG advirte da confusión que provoca a escasa sinalización no tramo...

O BNG advirte da confusión que provoca a escasa sinalización no tramo reformado entre o Paseo de Silgar e a Avenida Madrid

- Anuncio -

Os nacionalistas denuncian que, seis meses do remate da obra, nas zonas nas que antes existían prazas de carga e descarga ou servizos agora xa non hai ningún tipo de sinalización que aclare se se pode estacionar ou non, o que provoca desconcerto entre numerosos condutores e condutoras

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego de Sanxenxo faise eco da confusión que está a xerar entre veciñanza e visitantes a escasez de sinalización no tramo da Avenida Madrid afectado pola reforma acometida no Paseo de Silgar, desde o cruce coa rúa Luis Rocafort ata a altura da subida á Rúa Cesteiros. Tal e como advirten os nacionalistas, a actuación conlevou a supresión de varias prazas de estacionamento temporal, destinadas a servizos e a carga e descarga, sen que o Goberno municipal achegase ningún tipo de información ao respecto. Este feito, sumado ao reducido número de sinais verticais, provoca que varios condutores fosen xa multados pola Policía Local por deixar os seus vehículos nos espazos nos que antes se emprazaban as devanditas prazas, en lugares como na entrada ao Consistorio o nas inmediacións da Praza do Pazo.

O Bloque ten claro que sempre defenderá actuacións encamiñadas a dar preferencia á seguridade peonil, así como á mobilidade e accesibilidade universal, pero tamén deixa patente o malestar que está a provocar esta ausencia de sinalización por parte do Concello. “O señor Martín debería aclarar se esta carencia é froito da súa incapacidade de xestión ou se existe pola súa parte un afán recadatorio que, desde logo, ten xa amosado coas súas constantes subas de impostos e creación de novas taxas”, denuncia o voceiro do BNG, Fran Leiro. Unha das cuestións nas que inciden os nacionalistas, ademais, é no feito de que a reforma deste tramo do Paseo de Silgar e da Avenida de Madrid rematou hai xa case medio ano. “Reabriuse o tráfico e xuño e desapareceron as prazas de servizo e carga e descarga e moita xente aínda non sabe se pode parar nas mesmas zonas para facer algunha xestión rápida”, indican. Neste sentido, desde o Bloque salientan tamén o feito de que a única sinal que fai referencia explícita a ese tramo como zona de preferencia peatonal está na Avenida de Madrid, pasando a Praia da Panadeira, cando “a apenas uns metros a dirección única xa obriga a desviarse cara Cesteiros”, sendo un tramo moi curto no que non existen prazas suprimidas.
“Esta é unha ‘chapuza’ máis á que nos ten afeitos o señor Martín, que presume de xestión, pero a quen os feitos deixan de novo en evidencia”, conclúen no Bloque Nacionalista Galego de Sanxenxo.

Relacionadas

O Rosal inaugura a Oficina da Enerxía para liderar a transición enerxética no municipio

0
O acto inaugural será o vindeiro martes 21 de xaneiro ás 20.00 h no Salón de exposicións do Concello O Rosal segue a dar pasos...

A camelia protagonista esta fin de semana en Tui

0
Setenta e cinco expositores galegos, portugueses e asturianos presentarán no Claustro da Catedral acollerá máis de 125 metros cadrados dedicados a esta flor O Claustro...

Mos avanza nas reunións veciñais cun rexeitamento rotundo á nova A52 noutra sesión informativa...

0
Tras as reunións coas parroquias de Sanguiñeda, Petelos e Tameiga, hoxe celebrouse unha nova xuntanza con Pereiras. Existe previsión de ampliar nos días 22, 27...

Digna Rivas: “Ao negar a represión franquista en San Simón o PP actúa como...

0
Para a rexedora redondelá, as declaracións do deputado popular José Luis Ferro o único que fan é “branquear o franquismo, actuando como cómplice da...

O BNG esixe melloras urxentes en dúas estradas municipais en mal estado

0
Davinia Lojo reclama ao Concello de Marín actuacións inmediatas en Macenlle-A Moreira e Arealonga para garantir a seguridade viaria e mellorar a mobilidade da...

O alcalde de Nigrán recomenda ao deputado popular José Luis Ferro a lectura do...

0
Juan González, rexedor de Nigrán e historiador experto na Guerra Civil, ten documentado xunto a Antonio Caeiro e Clara de Saá fusilamentos e centos...

Publicacións Relacionadas