Home Pontevedra Caldas O BNG creará unha grande área residencial, deportiva e de servizos na...

O BNG creará unha grande área residencial, deportiva e de servizos na Tarroeira e anulará o polígono industrial

- Anuncio -

Luís Bará anuncia en Pontecesures que o goberno do Bloque na Xunta retirará o Plan de Interese Autonómico do proxecto actual e tramitará outro para resolver diferentes necesidades do concello, entre elas a vivenda pública

O cabeza de lista chama a unha participación masiva e a concentración do voto no BNG para “garantir o cambio”

O cabeza de cartel do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, asegurou hoxe en Pontecesures que o Bloque creará unha grande área residencial, deportiva e de servizos nos terreos da Tarroeira tras anular o polígono industrial previsto pola Xunta. Afirmou o nacionalista que o goberno de Ana Pontón retirará o Plan de Interese Autonómico actual e tramitará outro que resolva as diferentes necesidades, entre elas a de vivenda pública.

O número un da lista do Bloque afirmou que “é unha aberración” instalar industrias no medio das casas e de equipamentos, xa que a escasos 100 metros dos terreos do polígono hai un centro de saúde, un colexio, un instituto, unha escola infantil e distintas instalacións deportivas tanto do propio concello de Pontecesures como do de Valga, que terían que convivir con actividades industriais “molestas” derivadas dos ruídos e tráfico intenso.

Por iso, garantiu que o BNG desenvolverá nos 326.000 m2 dispoñibles un espazo polivalente e multifuncional no que teñan cabida un área de vivenda pública, un área comercial, un área natural e de lecer para conservar a zona de interese ambiental existente, un espazo de equipamentos deportivos nos que tería cabida unha piscina e, tamén, un espazo de uso agrario no que se poderían desenvolver, por exemplo, cultivos ecolóxicos. Subliñou, reiterando a proposta que o BNG presentou e foi rexeitada polo PP de maneira sistemática, que “non ten sentido pavimentar e asfaltar unha zona que ten ese todo ese potencial”.

Bará explicou que o BNG desbotará á súa chegada ao goberno galego a proposta do Plan de Interese Autonómico do polígono da Tarroeira que estaba a desenvolver ata agora o Partido Popular. Anunciou que buscará outros terreos na contorna para dotalos de uso industrial e potenciar a actividade económica.

En chave electoral, Bará asegurou que “toca cambio e no BNG teñen cabida todas as persoas que queren unha Galiza mellor”. Dende Pontecesures fixo unha chamada á participación masiva o 18F e a que todo o voto inconformista e canso do desgoberno do PP se xunte na papeleta do BNG. “Da igual que se votara noutras ocasións, ou como é a maneira de sentirse galegas e galegos. Non pode perderse ningún voto para derrotar ao Partido Popular”, sublliñou.

O número un do BNG pola provincia destacou que nestas eleccións galegas só hai dúas alternativas, “un goberno cun presidente gris como Rueda, que deixa un país en retroceso tras 14 anos de desleixo, ou o goberno da esperanza e da ilusión, dunha presidenta do BNG, Ana Pontón, capaz de poñer en marcha a mellor Galiza”.

Salientou que as sensacións cara o BNG son moi boas tanto na rúa e nas enquisas, pero subliñou que non hai nada feito. Advertiu que “”abrir un tempo novo para Galiza está ao alcance das nosas mans”, polo que pediu que todas as persoas que queren cambio deben traballar ata o final da campaña para convencer ás e aos indecisos de que é posible “un país mellor”. “Hai que dalo todo. Este é o ‘arreón’ final”, dixo, explicando que non se poden perder votos en opcións que de non saír beneficiarían ao PP.

Triplicar o crecemento de Pontecesures
Pola súa banda, a alcaldesa Maite Tocino destacou que o Concello precisa o cambio no modelo do polígono para non estrangular a vila, mais fixo fincapé no desenvolvemento da vivenda pública que se podería facer nos terreos da Tarroeira. Lembrou que nos últimos dez anos a compravenda de casas e pisos no concello diminuíu considerablemente e os prezos do alugueiro aumentaron case un 50%, imposibilitando independizarse ao sector máis mozo e non dando opción a asentarse no municipio a persoas con máis idade que traballan na zona.

Tocino destacou que Cesures é un concello atractivo porque hai traballo, industria, servizos, comunicacións, pero non oferta de vivenda, e subliñou que se ben dende o concello a medio longo prazo se vai modificar o PXOM para aumentar o terreo urbanizable “é precisa implicación para construír vivenda pública por parte da Xunta”, polo que aplaudiu a proposta do BNG fronte á negativa constante do PP de desenvolver promocións de vivenda na localidade nin de habilitar vivenda en alugueiro.

“A vivenda é un dereito fundamental, pero tamén revitaliza a economía local porque aumenta o número de negocios e o dinamismo. Nós podiamos estar a absorber traballadores de empresas da zona. Co apoio do BNG na Xunta e máis vivenda a capacidade de medrar de Cesures multiplicarase por tres”, confirmou.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas