Home O Salnés Meis O BNG de Meis presenta unha moción para solicitar que sexa a...

O BNG de Meis presenta unha moción para solicitar que sexa a Xunta e o Estado quen pague o financiamento dos servizos sociais que son da súa competencia

- Anuncio -

Unha vez que logramos paralizar a inxusta subida de impostos que o PSOE quería impor á veciñanza de Meis é o momento de buscar solucións aos problemas de financiación que sofren os concellos por culpa da Xunta e o goberno central e que non deben ser pagados pola veciñanza con subidas de impostos.

Tras a entrada en vigor da Lei 27/2013 O Servizo de Axuda no Fogar foi un dos dereitos incluídos na Lei de dependencia. O concello de Meis está a prestar este servizo cuns custos que superan até case dobrar o financiado pola Xunta e o Estado. Isto obriga ao concello de Meis a consignar unha moi importante cantidade de fondos propios para financiar este servizo.

Por outra parte, a Xunta implantou a universalización da educación infantil 0-3 anos, mais mantén o copago aos concellos. É dicir, nun concello no que só existan escolas infantís privadas a Xunta financia o 100% dos custes do servizo. Pola contra, naqueles concellos no que haxa escolas municipais a Xunta esíxelle a eses concellos a que copaguen. A Xunta do PP non ten problema por financiar as empresas privadas que xestionan escolas infantís pero négase a liberar aos concellos dun gasto impropio dun servizo que xestiona en exclusiva a Xunta.

Estes dous exemplos de servizos de competencia non municipal supoñen, por parte do concello, unha cantidade de cartos que poderían ser dedicados a competencias propias do concello e que, pola contra, hai que dedicar a financiar competencias da Xunta de Galiza para a súa publicidade

Por todo o anterior, o BNG de Meis solicita á Xunta de Galiza e á Administración Xeral do Estado o financiamento íntegro do SAF, e tamén que a Xunta de Galiza asuma o 100% dos custes da escolas infantil, toda vez que anunciou e asumiu a xeneralización da gratuidade 0-3 anos das escolas infantís e está a financiar integramente os custes das escolas infantís privadas.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas