Home Pontevedra O BNG de Vigo demanda que as becas de comedor se resolvan...

O BNG de Vigo demanda que as becas de comedor se resolvan antes do inicio de curso

- Anuncio -

Chaman a evitar un novo “calvario” para familias e ANPAs como o do presente curso no que as axudas se resolveron a finais de novembro e comezaron a pagarse a mediados de decembro

_Sobre a posíbel cancelación do concerto de Guns N’ Roses: Xabier P. Igrexas intepela a Abel Caballero afirmando que “quen se quixo apuntar o éxito de traer aos Guns N’ Roses a Vigo ten que dar agora a cara”

O Bloque Nacionalista Galego de Vigo demanda ao Goberno municipal a garantía de que as becas de comedor, libros de texto e material escolar, que iniciarán a súa tramitación o vindeiro luns se resolvan antes do inicio de curso e non nun máximo de seis meses como prevén as bases.

O concelleiro e futuro Portavoz do Grupo municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, destacou que se trata “dunhas axudas que son absolutamente vitais para máis de 3 mil familias da nosa cidade”, polo que instou ao Goberno local a que poña todos os medios necesarios para evitar o calvario da convocatoria do ano pasado.

En 2022 as axudas resolvéronse a finais de novembro e comezaron a pagarse case a mediados de decembro, provocando un grave prexuízo as familias que non sabían se eran ou non beneficiarias e tamén ás ANPAs que tiveron que adiantar durante varios meses o importe das becas con recursos propios.

“Demandamos ao Goberno municipal a que garanta que no inicio do curso escolar as axudas van estar debidamente resoltas e que se axilice tamén o abono anticipado das becas. Non ten xustificación que o Concello da maior cidade galega teña en vilo a miles de familias pola súa incapacidade na xestión dunhas axudas que convoca todos os anos. “ afirmou Igrexas

Guns N’ Roses

En relación á posíbel cancelación do concerto de Guns N’ Roses na cidade, após ficar deserto o contrato para o patrocinio publicitario do Concello de Vigo, Igrexas amosou a súa “incomprensión de que algo así poida suceder”.

“Non coñezo precedentes en ningunha cidade galega nin do Estado onde un concerto deste nivel estea no aire a dez días e con máis de 22 mil entradas vendidas por un problema na xestión dun patrocinio”, asegurou o edil nacionalista.

“É claro que os atallos pola porta de atrás poden conducir a caleixóns sen saída”, advertiu, criticando un proceso de licitación envolvido en “evidentes sospeitas de irregularidades” e cunhas bases que “parecían ser elaboradas ad hoc para este concerto”.

Desde o BNG reclaman ao Goberno municipal que dea explicacións. “Quen se quixo apuntar o éxito de traer aos Guns N’ Roses a Vigo ten que dar agora a cara”, esixiu Igrexas interpelando directamente a Abel Caballero.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas