HomePontevedraO SalnésO BNG de Vilagarcía esixe o derrubamento da nave sita enriba da...

O BNG de Vilagarcía esixe o derrubamento da nave sita enriba da desembocadura do río do con

- Anuncio -spot_img

O BNG de Vilagarcía amosará no vindeiro pleno municipal o seu rexeitamento a unha  nova concesión da Nave do Cavadelo situada enriba da desembocadura do río do con. 

O Pleno Municipal do 25 de Abril aprobou por maioría instar a Augas de Galicia e á  Consellería de Medio Ambiente a retomar os traballos para executar as actuacións  previstas no Proxecto de 2008 de prevención de inundacións no chamado “Tramo 0”  que corresponde coa desembocadura do río do Con, sobre a que se asenta unha nave.  Dita nave, cuxa concesión en precario rematara en Decembro de 2023, dificulta a apertura da desembocadura do río do Con, impedindo a libre evacuación das súas  augas, en caso de episodios de choivas torrenciais e enchentas, como aconteceu nas  de 2006. 

Dende Marzo deste ano, a Autoridade Portuaria, veu cedendo dita nave á Real  Federación Galega de Vela, que xa mostrou o seu interese por solicitar unha nova  concesión por outros 15 anos, aboando a cantidade de entre 15.000-20.000 € anuais  que, de materializarse imposibilitaría a liberación do cauce do río.  

Dende o BNG entendemos que a Autoridade Portuaria non debería actuar contra a cidadanía, antepoñendo os seus intereses económicos aos intereses xerais, a  seguridade dos seus habitantes, propiedades e negocios, polo que esiximos á  autoridade portuaria que se abra á cidadanía e renuncie á prorroga da concesión.

Publicacións Relacionadas