Home Pontevedra O Salnés O BNG lamenta a falta de acción do Goberno do PP para...

O BNG lamenta a falta de acción do Goberno do PP para eliminar o esqueleto de formigón de progreso

- Anuncio -

Os nacionalistas lembran que as ruínas do edificio que quedou a medio construír hai xa practicamente 30 anos á altura do 146 son un símbolo do “feísmo” provocado pola falta de xestión de Telmo Martín

Fran Leiro recorda que veciños e veciñas da contorna xa amosaron en varias ocasións o seu malestar pola situación de insalubridade da parcela

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego de Sanxenxo lamenta que, a piques de rematar o ano 2024, aínda siga en pé un dos grandes elementos do feísmo de Sanxenxo, que “simboliza á perfección a política de formigón de Telmo Martín”. Trátase do esqueleto en ruínas do edificio que quedou a medio construír hai xa practicamente tres décadas á altura do número 146 da Rúa Progreso, nas inmediacións da rotonda de Arnelas. Uns restos de cemento que continúan nun preocupante estado de abandono e que xa foron motivo de queixas en varias ocasións por parte de veciños e veciñas da contorna.

Os nacionalistas recordan que o feito de tapar parte da infraestrutura con lonas publicitarias “non é unha media suficiente” para poñer fin a unha situación vergoñenta. “Ter esa ‘mole’ na entrada de Sanxenxo durante tanto tempo sen que se tomen medidas é lamentable”, sinala o voceiro do Bloque, Fran Leiro. Se ben é certo que nos últimos anos os propietarios da parcela procederon a realizar tarefas de limpeza e de tapiado do que sería a entrada do garaxe, desde o BNG teñen claro que esta infraestrutura debería desaparecer no menor tempo posible. “Tempo houbo de sobra para que o proxecto inicial se axustase á normativa.

O que non é de recibo é que as persoas residentes nas inmediacións teñan que seguir erguéndose cada mañá a carón dese foco de insalubridade”, sinala Leiro.

O BNG recorda que este non é o único punto abandonado na Rúa Progreso por parte do Concello. Sucede outro tanto coa parcela situada entre a devandita rúa e a Avenida Madrid, á altura do paso de peóns da Florida. Un espazo que tamén está totalmente abandonado e deteriorado. “A inacción do Goberno local do formigón é preocupante”, conclúen os nacionalistas.

Relacionadas

O concello de Nigrán continúa desde este sábado do programa ‘Paseando Nigrán’

0
O primeiro roteiro será polo parque forestal Os Matos-Río Táboas. É imprescindible inscribirse previamente en oficinaturismo@nigran.org O Concello de Nigrán continua este sábado 9 de novembro co programa 'Paseando Nigrán' cun...

Alberto Álvarez toma posesión como concelleiro no pleno da corporación

0
No pleno da corporación do Concello de Redondela tomou onte posesión da súa acta de concelleiro Alberto Álvarez Pérez polo grupo municipal socialista. Álvarez...

O pleno da Deputación aproba unhas contas de récord de 209M€, dos que máis...

0
As segundas contas impulsadas polo goberno de Luis López reforzan as áreas estratéxicas de Turismo, Deporte, Cultura, Acción Comunitaria e Infraestruturas O voto favorable dos...

A Deputación aproba as primeiras axudas do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, 110.000...

0
“Con estas achegas seguimos avanzando, seguimos destinando recursos para continuar coa transformación sen precedentes dos equipamentos deportivos da provincia que iniciamos o pasado ano”,...

Luis López anuncia o reparto de 500.000 €, un 66% máis que no 2024,...

0
“As axudas están dotadas este ano de 200.000 € máis que en 2024, proba de que o noso compromiso co deporte non só se...

O BNG pide que o Concello de Vigo aclare se a antena de telefonía...

0
A fronte nacionalista denuncia que leva dende xuño esixindo explicacións do Goberno municipal diante das numerosas queixas veciñais Cuestiona a instalación nun ámbito con importantes...

Publicacións Relacionadas