Home Pontevedra Caldas O BNG pide que se denegue a autorización do Parque eólico Carballosa...

O BNG pide que se denegue a autorización do Parque eólico Carballosa pola súa incompatibilidade cos valores naturais, culturais e paisaxísticos

- Anuncio -

Bará chama a atención que Xunta non emitise ningún informe, a pesar de afectar a ecosistemas prioritarios

O deputado do BNG, Luís Bará, acompañada pola tamén deputada Alexandra Fernández, o responsábel local e a candidata á alcaldía de Fornelos, Pedro Pérez e Mila Casal, o militante de A Lama, Aitor Maquieira e a Viceresponsábel comarcal do BNG, Ana Peralba, presentaron na subdelegación do goberno un escrito solicitando que se denegue a aprobación do proxecto eólico de Carballoso pola súa incompatibilidade coa protección dos valores naturais, culturais e paisaxísticos e ser contrario á zonificación ambiental establecida polo ministerio para a Transición ecolóxica e o reto demográfico.

O proxecto en cuestión é unha reformulación do parque eólico “Coto das Airas”, que ve incrementada a súa potencia até os 50 MW para acollerse ao previsto no RD Lei 6/2022, de medidas urxentes no marco do “Plan Nacional de resposta ás consecuencias económicas e sociais da guerra de Ucraina”. Mais non está xustificada esta urxencia ao tratarse dun proxecto que xa estaba en tramitación antes do comezo do conflito bélico. “Acolléronse a esta lexislación de guerra -sinala Bará- para furtar a avaliación ambiental e as garantías de participación pública”.

Bará denuncia que o informe de determinación ambiental ten importancias carencias, omite información relevante e incorre en numerosas irregularidades.

Así, existe unha incorrecta avaliación dos valores ambientais da zona, xa que existen hábitats de interese prioritario, de interese comunitario e hai presenza de especies incluídas no Catálogo de Especies Amenazadas. A protección destes hábitas figura no Marco de Acción Prioritaria para Natura 2000 en Galiza. Ademais existe unha incorrecta avaliación do impacto paisaxístico, ao non valorarse a afectación á Área de Especial Interese Paisaxístico Serra do Suído.

Tampouco se fan referencias e valoración da Reserva Natural Fluvial do Río Parada de Valdome, xa que tanto a poligonal como as obras de construción deste parque eólico lle afectan directamente.

Ademais, o deputado nacionalista fai referencia a que a Serra do Suído “atesoura unha extensa rede hídrica”. Moitas das cabeceiras e nacentes dos ríos Avia, Tea, Verdugo, Xesta e Oitavén nacen a moi pouca distancia, de xeito que a construción de pistas e zanxas pode ter

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas