Home Pontevedra A Lama O concello da Lama finaliza os traballos de rehabilitación do lavadoiro da...

O concello da Lama finaliza os traballos de rehabilitación do lavadoiro da Pedreira cun investimento de 11.500 euros

- Anuncio -

A obra contou cunha subvención da Deputación e permitiu o seu arranxo e a substitución de elementos en formigón por materiais nobles como pedra, madeira e tella tipo país

O Concello da Lama acaba de remata-la obra de restauración e posta en valor do lavadoiro da Pedreira cun investimento de 11.500 euros que contou co subvención da Deputación de Pontevedra a tráves da liña de axudas para rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia.

Os traballos levados a cabo consistiron na substitución de elementos pouco coherentes coa natureza do lavadoiro como foron os materiais empregados no seu momento para a cubrición do mesmo e outros compoñentes da estrutura como pode ser un muro, o teito e as columnas feitas de formigón. Estes elementos foron substituídos por outros máis acaídos como a pedra, a madeira e a tella tipo país.

Con esta actuación o Concello da Lama pon fin á situación de abandono deste elemento etnográfico que forma parte do patrimonio histórico-cultural do municipio. Segundo o tenente de alcalde David Carrera “xa a simple vista se observaba que existía un exceso de formigón que non harmonizaba nin co propio lavadoiro que cubre nin co entorno onde se atopa polo que demoleuse a cubrición de formigón e substituíuse por outra de madeira e tella do país, moito máis acorde. Para mellorar a accesibilidade do mesmo tamén se colocou pavimento de pedra no perímetro do lavadoiro e melloráronse as escaleiras de acceso ao mesmo recolocando varias pedras que se atopaban desalineadas e movidas”.

A intervención supuxo tamén unha solución aos problemas que o paso do tempo foi provocando nesta construción. Así aplicóuselle unha limpeza en profundidade a todo o conxunto, a través do uso dunha hidrolimpadora, coa finalidade de retirar a acumulación de liques e musgos que co paso do tempo e as substancias que segregan acabaron provocando danos na pedra.

Finalmente, procedeuse a limpar e encintar os muro de pedra tradicionais que existe no entorno do lavadoiro, pañois de pedra que enmarcan e potencian a beleza da construción e que, así mesmo, posúen un valor estético en si mesmo.

Esta actuación do Concello da Lama non resulta puntual xa que leva tempo apostando pola recuperación de fontes, lavadoiros, fornos, etc. e pola creación e potenciación de rutas que discorren polas inmediacións de ditos elementos como un incentivo para atraer visitantes ao municipio e, polo tanto, dinamiza-la economía da zona, ao mesmo tempo que se evita a perda de elementos de gran valor para o patrimonio histórico-cultural do termo municipal.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas