Home Pontevedra A Lama O concello da Lama manifesta a súa repulsa contra a violencia de...

O concello da Lama manifesta a súa repulsa contra a violencia de xénero cun minutio de silencio en memoria das mulleres vitimas do machismo e cun programa de actividades con obradoiros en materia de igualdade

- Anuncio -

O tenente de alcalde e concelleiro de Igualdade, David Carrera, foi o encargado de dar lectura ao texto redactado polo CIM da Lama con motivo do 25-N

O salón de plenos do Concello da Lama acolleu os actos conmemorativos polo 25-N centrados na lectura dun manifesto en repulsa contra a violencia machista e os asasinatos de mulleres, que leu o tenente de alcalde e concelleiro de Igualdade, David Carrera, e nun minuto de silencio polas 38 vítimas mortais rexistradas durante este ano en España no que vai de ano.

Nese acto estiveron presentes traballadoras e funcionarias municipais, a xuiza de paz, Mercedes Fernández, así como a avogada do CIM, Adriana Fontaíña e a psicóloga do CIM, Galiza Aguete.

Unha vez rematada a lectura e o minuto de silencio, os asistentes ao acto dedicáronlle tamén un aplauso ás vítimas do machismo que loitan por seguir adiante e recuperarse deste trauma. Tamén se repartiron entre o públicos elementos do “merchandising” relacionados coa campaña de NON á Violencia de Xénero.

Por outra banda, o Concello da Lama, a través do Centro de Información á Muller (CIM), está levando a cabo un programa de actividades para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero, que conta cunha axuda económica da Deputación.

O programa ten un orzamento global de 10.980 euros e conta cunha achega de 5.318,12 euros do ente provincial o que permitirá celebrar catro obradoiros centrados na prevención da violencia de xénero e no fomento da igualdade de oportunidades.

Os obradoiros que conforman este programa, impartidos por persoal especializado en materia de igualdade, están dirixidos exclusivamente ao alumnado de primaria do CEIP A Lama.

PLAN MADRUGA, PARA FACILITAR A CONCILIACIÓN FAMILIAR

Ao abeiro deste programa tamén se desenvolverá durante o período das vacacións de Nadal o ‘Programa Concilia’, un servizo que da apoio ás familias da Lama para facilitar a conciliación persoal, familiar e profesional, favorecendo así a corresponsabilidade. Este servizo está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos residentes no concello da Lama.

Cómpre lembrar que no mes de setembro o Concello da Lama puxo en marcha o “Plan Madruga” no CEIP da Lama, que conta tamén coa colaboración económica da Deputación, co obxectivo facilitar a conciliación e de ofrecer un espazo cómodo e seguro, no que os nenos e nenas poden realizar distintas actividades baixo supervisión antes do horario lectivo do centro escolar.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas