Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade O Concello de Cerdedo-Cotobade adxudica a limpeza e acondicionamento do entorno dos...

O Concello de Cerdedo-Cotobade adxudica a limpeza e acondicionamento do entorno dos petróglifos de Fentáns, San Xurxo e Santa María de Sacos en 24.285,18 euros

- Anuncio -

• O alcalde defendeu a posta en valor dos espazos rupestres como un xeito de conservar o patrimonio cultural e tamén como catalizadores do concello como atractivo turístico para favorecer novas formas que faciliten a dinamización sociocultural e a recuperación económica

A Mesa de Contratación do Concello de CerdedoCotobade acaba de adxudicarlle á empresa Emdesfor 2002 a limpeza e acondicionamento do entorno dos petróglifos de Fentáns, San Xurxo e Santa María de Sacos polo importe de 24.285,18 euros ao resultar a oferta máis ventaxosa e non incursa en presunción de temeridade das 5 empresas que optaban a estes traballos.

Esta actuación realizarase nos petróglifos de Fentáns, San Xurxo e Santa María de Sacos despois de que o alcalde, Jorge Cubela, lograra unha cesión das comunidades de montes respectivas por espazo de 50 anos o que posibilitou que se poida levar a cabo esta intervención de conservación e acondicionamento.

Segundo o alcalde, Jorge Cubela, “o obxectivo desta actuación de limpeza e acondicionamento é mellorar o seu acceso, condicións de visita e posta en valor, así como previr, coa retirada da biomasa que os rodea, os efectosperxudiciais que os incendios forestais e outras agresións e actuacións incontroladas poidan ter sobre motivos e soportes”.

Actualmente o entorno inmediato dos gravados rupestres seleccionados atópase cuberto dunha mesta capa vexetal de monte baixo que deterioran os petroglifos de aí que se decidira por parte do Concello iniciar esta actuación para a protección do patrimonio cultural e histórico poñendo o mesmo en valor e protexéndoo.

Para efectuar estes traballos os técnicos recomendaron a contratación dunha empresa especialista en arqueoloxía e 5 participaron no proceso de selección que foi gañado por Emdesfor 2002 que estará obrigada a depositar unha fianza de 1.003,52 euros e a contratar a dous arqueólogos durante 15 días e a tres auxiliares de arqueoloxía durante un periodo similar para poder executar e supervisar estes traballos de conservación.

APOSTA POLA PROTECCIÓN DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO
Jorge Cubela manifestou que “a aposta do Concello de Cerdedo-Cotobade pola defensa e conservación do noso patrimonio arqueolóxico está fóra de dúbida e actuacións destas características non so van servir para protexer
estes elementos rupestres senón que tamén valerán para potenciar o noso potencial turístico como polo de atracción e dinamización económica dos nosos pobos. Queremos que as nosas accións teñan unha dobre vertente, por unha banda a lóxica de conservación e posta en valor e a outra máis ligada á recuperación económica e presentación de alternativas que dinamicen o tecido económico do noso municipio”, indicou o rexedor.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas