O Concello contribuíu á colocación de tarima en dúas aulas do centro, a de música e a de xogos, co apoio do persoal contratado a través do Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra.
O Concello de Covelo continúa colaborando na mellora das instalacións do CEIP Antonio Blanco Rodríguez coa colocación de tarima en dúas das súas aulas: a de música e a de xogos, dous espazos destinados ás actividades educativas e lúdicas do alumnado.
Os traballos contaron coa colaboración do Concello, que achegou a man de obra dun carpinteiro contratado a través da liña de contratación do Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra.
O alcalde de Covelo, Juan Pablo Castillo Amigo, acompañado pola directora do centro, Carla Cerqueira Oliveira, e pola concelleira de Cultura, Lourdes Enes Fernández, visitou as aulas para comprobar o resultado das actuacións.
Durante a visita, o alcalde destacou a importancia de seguir colaborando co centro educativo e sinalou que “o Concello está sempre disposto a colaborar nas melloras que sexan necesarias nas instalacións do colexio, porque investir nos espazos educativos é tamén contribuír ao benestar do alumnado e do profesorado e facilitar o seu día a día”.
Con esta actuación, o Concello reafirma o seu compromiso coa comunidade educativa de Covelo e coa mellora dos espazos nos que as nenas e os nenos desenvolven boa parte da súa actividade diaria, mantendo a colaboración co centro para atender as necesidades que poidan xurdir

