Home Pontevedra A Paradanta O Concello de Covelo solicita a Patrimonio a catalogación do conxunto etnográfico...

O Concello de Covelo solicita a Patrimonio a catalogación do conxunto etnográfico da Poza do Piñeiro como Lugar de Valor Etnolóxico

- Anuncio -

Construída en 1851, está formada por unha notable infraestrutura hidráulica, unha cruz baixa e un choza granítica de pastores e pertence á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Piñeiro

O Concello de Covelo solicita á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia a catalogación do conxunto formado pola Poza do Piñeiro, a Cruz da Porteliña e a Choza da Poza como Lugar de Valor Etnolóxico.

Construída en 1851, está formada por unha notable infraestrutura hidráulica, unha cruz baixa e un choza granítica de pastores e pertence á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Piñeiro.

O Concello propón a inclusión do conxunto etnográfico da Poza do Piñeiro no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia apelando á Lei 5/2006 do 30 de xuño que fai referencia á protección do patrimonio etnográfico e histórico-cultural relacionado e ao art. 26 da Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia.

Ubicada no barrio de Piñeiro da Igrexa, nun pequeno val fluvial de media montaña situado no suroeste da Serra do Suído, a Poza de Piñeiro é hoxe un atractivo turístico para as persoas que gustan do deporte de montaña e dun entorno natural con vistas privilexiadas. Ciclistas, corredores e sendeiristas chegan ata a Poza de Piñeiro para observar a fauna e a flora, escoitala e atopar un lugar alonxado do ruído.

Situado na ladeira suroeste da Serra do Suído, esta poza ou laga construíuse na segunda metade do século XIX sobre o Río do Piñeiro para favorecer o regadío das terras de labor da veciñanza das parroquias do Piñeiro e Barcia de Mera. A primeira instantánea que documenta a súa existencia é a do Voo Americano, realizado nos anos 1956-57. Na segunda metade do século XX engadiuse a represa de granito orixinal.

O seu titular, a Comunidade de Montes da parroquia do Piñeiro, conserva documentación histórica que data de 1851 que acredita o regadío das parroquias do Piñeiro e Barcia de Mera, así como dos correspondentes libros de regantes e repartos de auga de ambas freguesías.

A Cruz da Porteliña
Coñecida tamén co nome de Cruz do Pozo Vello, Cruz do Pozo do Sesteiro ou Cruz da Chan da Laxe, érguese a 820 m de altura sobre un afloramento granítico natural e forma parte do traballo de catalogación de cruces, cruceiros e petos de ánimas de Fernández de la Cigoña Núñez e Sampedro Fernández (2010:90).

A Choza da Poza
A 181 m do Poza do Piñeiro localízase esta construción etnográfica de planta rectangular que presenta unha notable alteración tipolóxica. A choza, construída en cachotaría granítica irregular (opus incertum), ten planta rectangular terrea e cuberta pétrea.

En palabras de Ballesteros Arias (2004:18) trátase dun “habitáculo de pequenas dimensións caracterizado pola súa adaptación ó medio e ás necesidades da explotación gandeira, así como distintas estruturas de diversa índole que evidencian un pasado de intensa actividade na serra”.

Un antigo refuxio de pastores que, “polas súas características construtivas, son elementos singulares da Serra do Suído” que “son parte integrante da economía campesina, aínda que só fose para desprazamentos temporais en determinadas épocas do ano, é dicir, refuxios temporais que so tiñan ocupación continuada durante os períodos estivais. No caso concreto do Suído estes chozos son de propiedade comunal, de xeito que, como norma xeral, cada aldea tiña o seu chozo” (op. cit).

Relacionadas

A Deputación concede preto de 34.000 euros ao Concello do Rosal para a adquisición...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíron xa máis de 1,7 millóns de euros entre 28 concellos da provincia de...

A Deputación aproba máis de 30.000 euros para que o Concello da Lama mellore...

0
Estes recursos enmárcanse no Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que xa mobilizou máis de 1,7 millóns de euros entre 28 concellos da provincia de...

A Deputación celebra o Día do Libro cun contacontos e diversas propostas dixitais para...

0
O ilustrador Marc Taeger e o contador de contos Caxoto serán os encargados da actividade que se celebrará o vindeiro martes 23 de abril,...

A Oficina de Turismo de Redondela e o Meirande abren as súas portas

0
Redondela comeza oficialmente a temporada turística coa apertura da súa Oficina de Información, na rúa Isidoro Queimaliños, e do centro de interpretación da Batalla...

O concello de Nigrán entra no Grupo Asesor de Unicef-España a través de Cayetana...

0
Estes dous representantes do Consello Escolar Municipal foron seleccionados xunto a outros 3 de Galicia (Moaña, Ponteareas e Teo) para formar parte do grupo...

A terceira edición da Feira do Libro de Soutomaior chega pisando forte con 3...

0
Este ano, por primeira vez, esta cita tamén se vaia a celebrar na parroquia de Soutomaior. Deste xeito o 23 de abril centrará o...

Publicacións Relacionadas