Os campamentos de conciliación serán en xullo e en agosto no CEIP Sequelo, na Casa de Cultura de Mogor e no CEIP de Seixo.
As solicitudes abrirán o 4 de maio e serán a través da sede electrónica
O Concello de Marín pon en marcha un ano máis o programa “Concilia Marín Verán 2026”, unha iniciativa destinada a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante o período estival, consistente en campamentos de día que se celebran en xullo e en agosto, por quincenas, e que suman en total 300 prazas ofertadas.
Nos campamentos ofrécense actividades educativas, lúdicas e de sensibilización en igualdade de xénero, co obxectivo de proporcionar ás crianzas un espazo de lecer seguro e enriquecedor durante as vacacións de verán. Persoas destinatarias
O programa está dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2014 e 2023 (ambos incluídos), escolarizados no curso 2025/2026 e empadroados no Concello de Marín. No caso de quedar prazas vacantes, poderase valorar a participación doutras solicitudes.
Datas, lugares e prazas
As actividades desenvolveranse en distintas quendas entre os meses de xullo e agosto nos seguintes espazos:
● CEIP Sequelo
○ 01 – 15 de xullo: 75 prazas
○ 17 – 31 de xullo: 75 prazas
○ 03 – 14 de agosto: 50 prazas
○ 17 – 31 de agosto: 50 prazas
● Casa de Cultura de Mogor
○ 17 – 31 de xullo: 25 prazas
● CEIP de Seixo
○ 03 – 14 de agosto: 25 prazas
Horarios
O programa desenvolverase de luns a venres en horario de 9:00 a 14:30 horas.
Ademais, ofréceseServizo “Plan Madruga” de 7:30 a 9:00 horas.
Prezo e bonificacións
O custo do programa establécese en 30 euros por participante. Están previstas bonificacións para:
● Vítimas de violencia de xénero
● Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%
● Familias numerosas
● Familias en risco de exclusión social derivadas polos servizos municipais
Prazo e forma de inscrición
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 4 ao 22 de maio.
As solicitudes deberán realizarse obrigatoriamente por vía electrónica a través da sede electrónica do Concello de Marín: https://concellodemarin.sedelectronica.gal/. Será preciso contar con certificado electrónico.
Adxudicación e pagamento
A adxudicación das prazas dará prioridade aos colectivos con especial protección social.
O pagamento deberá realizarse entre os días 1 e 5 de xuño de 2026, mediante domiciliación bancaria, pasarela de pago online ou presencialmente na Tesourería municipal.
Un recurso clave para as familias
Con esta iniciativa, o Concello de Marín reafirma o seu compromiso coas políticas de conciliación e co benestar das familias, ofrecendo alternativas de ocio educativo de calidade durante o verán.
Para máis información, as persoas interesadas poden consultar a web municipal ou dirixirse aos servizos municipais correspondentes.

