O concello de Nigrán aber o 14 e 15 de aoutubro a inscrición para unha excursión a Celanova e Vilanova dos Infantes o sábado 24 de outubro

Redacción

Está dirixido prioritariamente a persoas empadroadas no municipio maiores de 55 anos e ten un custe de 35 €

O Concello de Nigrán, dentro do seu programa de turismo social para maiores, ofrece unha excursión o sábado 24 de outubro aos municipios ourensanos de Celanova e Vilanova dos Infantes . Está destinada preferentemente a toda a veciñanza empadroada en Nigrán maior de 55 anos e ten un custe de 35 € por persoa (a comida realizarase nun restaurante de buffet libre). As inscricións serán por rigorosa orde o 14 e 15 de outubro de 09:00 a 12:00 horas no Centro Social de Vilameán (ao carón do Concello), podendo anotar cada interesado/a só a outra persoa adicional (sempre co DNI) e realizándose o pago mediante tarxeta.

Os asistentes a esta excursión, con saída en autobús ás 9:00 horas desde o Concello, coñecerán Celanova, terra de poetas como Curros Enríquez ou Celso Emilio Ferreiro. A Praza Maior de Celanova está presidida polo impresionante Mosteiro de San Salvador, unha das xoias do barroco en Galicia que os asistentes poderán visitar. Nos arredores está Vilanova dos Infantes, unha preciosa vila medieval con casas señoriais ao redor dunha antiga torre, onde se fará unha parada.

Comparte este artigo