O Concello de Nigrán abre este luns a inscrición para unha excursión á estación de esquí de Alto Campoo do 1 ao 3 de marzo

adminON
Lectura mínima de 2

O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE ESTE LUNS A INSCRICIÓN PARA UNHA EXCURSIÓN Á ESTACIÓN DE ESQUÍ DE ALTO CAMPOO DO 1 AO 3 DE MARZO

O custe é de 154 € por adulto e inclúe transporte por parte do Concello, hotel de 3 estrelas en media pensión, forfait e seguro

O Concello de Nigrán ofrece un ano máis unha excursión á estación de esquí de Alto Campoo (Cantabria) con prioridade para empadroados no municipio. Esta terá lugar do 1 ao 3 de marzo e o prazo de inscrición abre este luns 26 de febreiro na Oficina de Información Cidadá do Concello (de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 17:00 horas) distribuíndose as prazas por rigorosa orde de solicitude. O custe é de 154 € por adulto e 133 € os menores de 12 anos, incluíndose nese prezo o hotel de tres estrelas en réxime de media pensión, bocatas en pista, forfait e seguro e o transporte en autobús a cargo do Concello. A saída realizarase o venres 1 de marzo ás 16:00 horas.

Alto Campoo dispón de pistas variadas, un total de 4 verdes, que suman 1,7 km, 9 azuis, que superan o 11 km, e 10 vermellas que suman 11 km. Ademais, dispón dun circuíto de esquí de fondo de case 5 km. É unha estación familiar, ideal para iniciarse neste deporte e para evolucionar, con pistas ideais tamén para un esquiador de máis nivel.

Comparte este artigo