Home Vigo Nigrán O Concello de Nigrán colabora un ano máis coa Federación Alcer Galicia...

O Concello de Nigrán colabora un ano máis coa Federación Alcer Galicia para desenvolver o encontro de persoas con enfermidade renal

- Anuncio -

Desenvolverase do 17 ao 19 de maio na Residencia de Tempo Libre de Patos e o Concello proporcionará actividades de ocio para os máis pequenos, unha viaxe a Cíes ou os desprazamentos para diálese

O Concello de Nigrán colabora un ano máis coa Federación Alcer Galicia para desenvolver o encontro de persoas con enfermidade renal de Galicia do 17 ao 19 de maio na Residencia de Tempo Libre de Patos. Concretamente, o Concello de Nigrán financiará os desprazamentos necesarios para diálese, unha viaxe a Cíes o sábado 18 para os doentes e as súas familias (50 en total) e as actividades de ocio do domingo 19, ás que asistirán 8 menores de toda Galicia e que consistirá nun roteiro guiado pola natureza, unha clase de ximnasia a cargo dun técnico de deportes trasplantado de ril e, pola tarde, 8 menores acudirán a un coñecido parque de camas elásticas do municipio.

“O noso lema de bo goberno é ‘Un Nigrán para todos’, así que para nós é moi importante que se sitan cómodos e perfectamente atendidos durante a súa estancia no municipio. Temos xa moita experiencia coa realización de actividades adaptadas e estamos moi orgullosos de poder proporcionarllas”, explica o alcalde de Nigrán, Juan González, doante precisamente dun ril ao seu fillo no ano 2017.

As persoas con enfermidade renal crónica teñen moi limitadas as posibilidades de lecer debido ás diferentes formas de tratamentos que necesitan. A limitación máis importante é o desprazamento a outras zonas pola súa dependencia de asistencia sanitaria continua, por iso desde 1982 a Federación Nacional de Asociacións para a Loita Contra a Enfermidade Renal (Alcer) proporciona este programa de vacacións adaptadas ás súas necesidades, sendo este o seu terceiro ano en Nigrán.

“Estamos moi orgullosos de que elixan Nigrán por terceiro ano consecutivo e desde o Concello estaremos sempre encantados de poder achegar o noso gran de area para que o encontro resulte inesquecible e non deixen de repetir”, resume González.

Relacionadas

Armando Bastida, criar con sentido común ou como educar sen morrer no intento

0
A Semana da Educación arrancou este luns a súa décima edición coa conferencia do enfermeiro experto en saúde infantil e educación, que ofreceu ao...

Arbo e Sainte-Terre fortalecen lazos de unión coa firma do irmandamento en Francia

0
• No Salón de Plenos do Municipio de Sainte-Terre, levou a cabo a firma oficial do Memorando de Entendemento entre Santa Terre (Francia) e...

O Pavillón de Carballedo pasará a denominarse “Xose Luis Bouzas Ambroa, O Rubio”

0
O PP vota NON a reclamar a mellora do tendido eléctrico, e impide o debate dunha moción de rexeitamento a megacelulosa de Altri O Pleno...

O Concello de As Neves segue mellorando os accesos ás vivendas da veciñanza

0
• Actuacións na zona de Guláns/Estación para  garantir mellores infraestruturas locais  As Neves a 10 de febreriro de 2025.- O Concello de As Neves continúa...

O Concello lanza unha campaña especial por San Valentín

0
Con “Tui, meu amor” aposta por eventos inmersivos para disfrute de toda a familia O Concello de Tui presenta a campaña "Tui, Meu Amor" con...

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza

0
Un concerto este sábado ás 21 h no Teatro Municipal conmemorará este aniversario A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza cun concerto a...

Publicacións Relacionadas