Home Vigo Nigrán O Concello de Nigrán continúa co guitarrista David Reguero o seu segundo...

O Concello de Nigrán continúa co guitarrista David Reguero o seu segundo ciclo ‘Primavera de Jazz’

- Anuncio -

O CONCELLO DE NIGRÁN CONTINÚA CO GUITARRISTA DAVID REGUEIRO O SEU SEGUNDO CICLO ‘PRIMAVERA DE JAZZ’

Aberto por Abe Rábade o 20 de Abril, finaliza o 1 de xuño co saxofonista Diego Alonso. Son concertos serán gratuítos, no Auditorio Municipal, e ás 20:00 horas

David Regueiro estará nesta ocasión en formato de trío acompañado de Thomas Kretzaschmar, violinista internacional de primeiro nivel que ten tocado cos mellores guitarristas do mundo

O Concello de Nigrán continúa este sábado 20 de abril o seu segundo ciclo ‘Primavera de Jazz’ co guitarrista David Reguero ás 20:00 horas no Auditorio Municipal (entrada de balde ata completar aforo). Esta edición, que consta de tres concertos e conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do plan ‘Máis Provincia’, foi inaugurada polo prestixioso pianista Abe Rábado en marzo e finaliza o sábado 1 de xuño co saxofonista Diego Alonso. Todos estes concertos gratuítos nacen co obxectivo de atraer a Nigrán os mellores músicos de jazz galegos fora da tempada estival, cando o Concello ofrece o Nigranjazz (o festival máis lonxevo de toda a comarca dentro deste xénero musical e que cada ano celebra en Xullo no esteiro de A Foz mesturando os mellores músicos internacionais cos máis destacados do noroeste peninsular).

David Regueiro (como guitarrista solista) estará nesta ocasión en formato de trío acompañado de Thomas Kretzaschmar, violinista internacional de primeiro nivel que ten tocado cos mellores guitarristas do mundo (Stochelo Rosenberg, Bireli Lagrène, Angelo…) Gonçalo Mendonça á guitarra rítmica e Juyma Estévez ao contrabaixo.

Con máis de 15 discos editados, con centos de actuacións por diferentes países e co aplauso unánime de prensa e público, David Regueiro consolidouse coma un dos guitarristas de gypsy jazz máis prominentes do Estado. David Regueiro Trio presentou en 2020 “Areal”, un álbum conformado por nove composicións propias ubicado no jazz manouche, a corrente estética creada por Django Reinhardt, sen deixar de lado outras das súas influencias: o swing americano e o be-bop. O trío aporta unha visión rigorosa e respectuosa coa tradición ao tempo que fresca e innovadora. No 2023 presenta “Perfect Match”, o seu novo disco integrado por composicións e arranxos orixinais, co seu trío e con Alexandre Cavalieri, o violinista de referencia neste estilo a nivel internacional. Este traballo mostra a madurez compositiva de Regueiro, desenvolvendo una voz propia e marcadamente orixinal dentro do jazz manouche. “Perfect Match” valeulle ser o gañador doPremio Martin Códax da Música 2023 na ‘Categoría Jazz e Músicas Improvisadas’.

DIEGO ALONSO

O saxofonista Diego Alonso (1988), pechará o festival o sábado 1 de Xuño liderando o quinteto Nihil, formado a súa vez por algúns dos mellores músicos de jazz de Galicia e de prestixio internacional: Xan Campos (piano), Virxilio da Silva (guitarra), Pablo Patiño (contrabaixo) e Antón Quintela (batería).

Alonso comeza os seus estudos musicais na Escola Municipal de Música de Vigo, accedendo a continuación ao Conservatorio Profesional de Vigo e, posteriormente, aode Santiago de Compostela. Fórmase en Jazz e Música Moderna na Escola Estudio de Santiago e no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, rematando a súa formación regular na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo (ESMAE) de Porto, coa que recibirá o 1º Premio de Grupos das Escolas de Jazz de Portugal e a Mención Honrosa como Mellor Intérprete na Festa do Jazz do Teatro São Luíz de Lisboa (2015). Amplía os seus coñecementos musicais asistindo a masterclasses con recoñecidas figuras do jazz como Chris Cheek, Seamus Blake, José Pedro Coelho, Logan Richardson, Maikel Vistel, Ben van Gelder, Jorge Rossy ou Demian Cabaud, entre outros. Habitual na escena do jazz e da música moderna en Galiza e Portugal, colaborou con bandas de diversos estilos como Tanghana’s Show, Transilvanians, Moon Cresta, La Banda de Andrelo,The Soul Jacket, Brothers in Band e outras bandas de jazz como a Orquestra de Jazz de Matosinhos , a Orquestra de Jazz do Porto ou o proxecto de André Fernandes ‘Centauri’. Ten tocado xunto a músicos referentes da escena do jazz peninsular e internacional como Kurt Rosenwinkel, Wilfried Wilde, Iago Fernández, Abe Rábade, Paco Charlín, Naíma Acuña, Alfonso Calvo, Alberto Vilas, David Puime, João Lopes Pereira e João Mortágua, entre outros. Os seus traballos discográficos máis recentes son “Monday Mood” de Alfonso Calvo Septeto (2020), con Límbico no seu álbum homónimo (2021), tres discos xunto á Orquestra Galega de Liberación entre os anos 2020 e 2022, “EJE meets Màrio Laginha” (2022) e “EJE meets Iago Fernández” (2023) xunto ao Eixo do Jazz Ensemble e no disco de Marcel Pascual Quinteto “Fluctuaciones” (2023) Tamén colaborou como convidado nos discos “Let me stand” e “K.I.C.K.Radio” de The Souljacket e no disco “Lugar A Ponte” de Caldo. Este ano 2024 editará “Nihil”, o seu primeiro álbum como compositor e líder.

Actualmente, ademais de liderar e compor para a súa propia formación, forma parte das bandas de música moderna como son Blackstereo , Tangomango, Great Straits ou Bafana Bafana , co que recibiu o Premio Martín Códax da Música no ano 2021. Dentro da música jazz e experimental, é membro de Alfonso Calvo Septeto, Ghastas Pista swing band , Orquesta Galega de Liberación e o Ensemble Liberdade , Límbico, Marcel Pascual Quintet e do Eixo do Jazz Ensemble . É, ademais, membro co-fundador e parte activa das asociacións O Eixo do Jazz , xunto a Cristina Marvão, e O Tambor Colectivo , que procuran dinamizar as escenas culturais e musicais galega e portuguesa.

Relacionadas

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de...

0
O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de confraternidade, ao evento asistiu en representación municipal o concelleiro de...

A voceira municipal do PP de Tomiño, Lara Meneses, vén de ser nomeada como...

0
-A líder do PP local presenta a súa renuncia como concelleira “forzada pola incompatibilidade  legal de ambas responsabilidades” e recoñece que é un día...

Ana Pastor e Pedro Puy recollen as reinvindacións da CEP quen lle deron traslado...

0
● Desde a CEP achacan ao aumento da delincuencia violenta ao aumento da droga na rúa, onde aos consumidores habituais sumáronselle novos consumidores, o...

A Biblioteca Xela Arias organiza un encontro co músico e activista Kilema

0
A Biblioteca Municipal Xela Arias, en colaboración coa Coral O Piñeiral de Chapela e máis o Coro de Voces Graves de Vigo, celebra un...

Bieito Lobeira número dous na candidatura europea

0
Este nomeamento confirma o bo momento que continua a vivir o BNG marinense e demostra que, ademais de contar con catro persoas destacadas representantes...

Publicacións Relacionadas