HomeVigoNigránO Concello de Nigrán e 'Discamino' volven a unir forzas para ofrecer...

O Concello de Nigrán e ‘Discamino’ volven a unir forzas para ofrecer un paseo en bicicleta adaptada a 8 persoas maiores con enfermidades neurodegenerativas

- Anuncio -spot_img

Os usuarios do Centro Municipal destas enfermidades gozaron dun paseo con bicicletas adaptadas por todo o paseo marítimo de Praia América

O Concello de Nigrán e a ONG ‘Discamino’ volveron a unir forzas para ofrecer, por terceira vez, un paseo en bicicleta adaptada a 8 usuarios maiores do centro municipal de atención a persoas con enfermidades neurodegenerativas, en Panxón. O itinerario transcorreu desde o paseo marítimo de Panxón ata Praia América, regresando por Estrada Pola Vía, e a xornada finalizou cunha merenda no propio centro municipal, situado nas instalacións do CEE de Panxón. Os voluntarios de Discamino e os traballadores deste centro foron os encargados de pedalear xunto a eles.

“Estes paseos achéganlles unha gran sensación de liberdade e saúde física e mental, porque grazas á bicicleta reviven gratos recordos da súa infancia ou mocidade”, explica María Mayán, alcaldesa de Maiores. “Esta imaxe é a esencia do que significa ‘Un Nigrán para todos’ e o que buscamos para o noso municipio”, resume o concelleiro, que agradece o labor altruísta de ‘Discamino’.

O Concello de Nigrán dispón dunha bicicleta adaptada con cadeira de rodas, outro similar pero con motor eléctrico, unha cadeira todoterreo dunha roda tipo Joëlette, dous triciclos tándem tipo copiloto e unha bicicleta adaptada, os cinco con base no Pavillón municipal de Panxón e utilizados habitualmente polos usuarios do CEE Juan María ou por quen os solicite, segundo o caso.

Publicacións Relacionadas