Free Porn
xbporn
Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán entra no Grupo Asesor de Unicef-España a través...

O concello de Nigrán entra no Grupo Asesor de Unicef-España a través de Cayetana e Martín, alumnos ambos do IES Val Miñor

- Anuncio -

Estes dous representantes do Consello Escolar Municipal foron seleccionados xunto a outros 3 de Galicia (Moaña, Ponteareas e Teo) para formar parte do grupo integrado por 57 nenos e nenas de toda España

Reuniranse online unha vez ao mes para deseñar actividades de Unicef e participar en estudos ou accións de promoción dos dereitos da infancia

A maiores, Cayetana asistirá este luns 22 de abril nun acto no Congreso dos Deputados organizado por ‘Plataforma Infancia’

O Concello de Nigrán conta desde este mes con dous representantes no Grupo Asesor de Participación Unicef-España tras ser aceptadas as candidaturas de Martín Rey Álvarez e Cayetana Guede Bernárdez, alumnos ambos do IES Val Miñor e integrantes do Consello Escolar Municipal desde a súa orixe. Este logro destaca o talento de ámbolos dous, estudantes de excelencia, con gran compromiso social, e que xa falaran ante o Parlamento galego con motivo do Día Mundial da Infancia. Xunto a 3 representantes máis de Moaña, Ponteares e Teo, levarán a voz de Galicia a este grupo de traballo composto por 57 nenos e nenas de toda España. A maiores, Cayetana estará este luns 22 de abril no Congreso dos Deputados como unha das 8 crianzas de todo o país portavoces nun acto organizado pola ‘Plataforma Infancia’ á que pertence Unicef.

“Para o Concello de Nigrán é un orgullo que seleccionasen a Cayetana e Martín e sabemos que a súa presencia enriquecerá moitísimo a este grupo de traballo porque son persoas con moitas inquezandas e que sempre teñen propostas constructivas de cara a facer efectivos os dereitos da infancia”, explica o alcalde, Juan González, quen agarda que este sexa un paso máis de cara a que o Concello de Nigrán sexa distinguido co selo CAI (‘Cidade Amida da Infancia’ ) este mesmo ano. De feito, o goberno local mantén moi activo o Consello de Participación Infantil e Xuvenil’, órgano municipal creado no ano 2021 e que se reúne cada 15 días para, precisamente, situar na axenda local os verdadeiros intereses e necesidades de cativos e adolescentes, xa que a través del poden participar na vida política de Nigrán realizando propostas, seguindo as mesmas, pedindo información, etc

Un dos requerimentos para formar parte deste grupo asesor ao que Cayetana (1º da ESO) e Martín (2º de Bacharelato) presentaron a súa candidatura era ter un mínimo de 12 anos e 2 anos de experiencia no eido da participación infantil. Agora, co seu traballo búscase asegurar que as voces, ideas e propostas dos nenos, nenas e adolescentes sexan escoitadas e tidas en conta no Congreso dos Deputados, Parlamentos, elaboración de leis e noutros espazos… Ademais, en colaboración estreita con UNICEF España, confeccionarán e avaliarán as actividades e programas da organización de cara a que reflictan as necesidades, inquedanzas e aspiracións da infancia e adolescencia a nivel nacional. Para elo, este grupo reunirase online unha vez ao mes.

UNICEF- Selo CAI

O programa CAI foi creado por Unicef Comité Español en 2001 co propósito de promover a aplicación da Convención dos Dereitos do Neno (CDN) en pobos e cidades da xeografía nacional, forma parte á súa vez da Iniciativa Cidades Amigas da Infancia, liderada por Unicef Internacional desde o ano 2000 e no que colaboran gobernos nacionais, administracións locais, ONG… En Galicia hai 10 municipios que xa o teñen (en Pontevedra son Redondela, Porriño e Tomiño).

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas