O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE DOMINGO NO AUDITORIO MUNICIPAL A OBRA DE VICUS TEATRO ‘SALÓN ALFONSINA’
A obra dramática afonda na vida da poetisa arxentina Alfonsina Storni
O Concello de Nigrán ofrece este domingo 2 de xuño ás 19:00 horas no Auditorio Municipal a obra de Vicus Teatro ‘Salón Alfonsina’. A entrada é de balde ata completar aforo e se encadra no convenio de Concello coa Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea). Seguindo a liña da memoria e a literatura, a compañía viguesa presenta esta peza dramática que afonda na vida e obra da poetisa arxentina vinculado ao modernismo Alfonsina Storni.

