O concello de Nigrán ofrece este sábado no Val Miñor Fest o concerto de “Baiona Bay” en homenaxe a Luís Maciel

Redacción

Nacido na Ramallosa, faleceu repentinamente o pasado mes de abril sendo presidente de ‘Baiona Bay’ e dos veteranos do Erizana

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 22 de agosto ás 21:00 horas na Alameda da Ramallosa o concerto do grupo de corda e voces Baiona Bay en homenaxe a Luís Maciel, evento que se encadra no festival da cervexa artesana ‘Val Miñor Fest’ que alí se desenvolve. A continuación, no mesmo lugar, será o concerto de ‘Plan de Fuga’ e, como punto final, o domingo 23 ás 21:00 horas o de ‘In the ciscos’.

José Luis Maciel, nacido na Ramallosa, faleceu repentinamente o pasado mes de abril sendo presidente de ‘Baiona Bay’ e un dos seus músicos fundadores, ademáis, era tamén presidente dos veteranos do Erizana Fútbol Club, entidade na que tiña o carné de socio número 6 e que tamén chegou a presidir. A formación musical ‘Baiona Bay’, dirixida por Ana Paula Guntín, está conformada por 25 músicos (once voces e, a maiores, diferentes instrumentistas de corda e percusión)

Comparte este artigo