Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán ofrece mañá un obradoiro de cociña para crianzas...

O concello de Nigrán ofrece mañá un obradoiro de cociña para crianzas a cargo da Fundación Igualarte

- Anuncio -

Serán sesións de 20 minutos de 17:30 a 19:00 para idades de 5 a 8 anos e de 19:00 a 20:30 para os de 9 a 12 anos

O Concello de Nigrán ofrece este mércores 30 de novembro un obradoiro infantil de cociña a cargo da Fundación Igualarte nas instalacións do CEIP Humberto Juanes. Realizaranse quendas de 10 persoas en sesións de 20 minutos de 17:30 a 19:00 para crianzas de 5 a 8 anos e de 19:00 a 20:30 para idades de 9 a 12 anos, polo que non é preciso inscribirse. Os participantes realizarán unha receita fría e individual e a levará para a súa casa.

Esta actividade forma parte do convenio de 5.000 € do Concello de Nigrán coa Fundación Igualarte. O seguinte obradoiro é o de pasta de sal o 28 de novembro e o de cociña o 30 de novembro (ambos no CEIP Humberto Juanes de 17:30 horas a 19:00 para crianzas de 5 a 8 anos e de 19:00 a 20:30 para nenos e nenas de 9 a 12 anos) en quendas de 15/20 minutos segundo orde de chegada. Finalmente, para o obradoiro de primeira infancia (Biblioteca, 17 de decembro- bebés de ata 2 anos ás 17:00 e crianzas de 2 a 5 anos ás 18:30 horas) é imprescindible inscrición previa no formulario web que no mes de decembro se habilitará en www.nigran.es, estando destinado só a crianzas empadroadas.

A Fundación Igualarte, con sede en Vigo, loita pola integración das persoas con diversidade funcional no campo artístico e o desenvolvemento das súas competencias creativas e expresivas, sendo a única de España adicada ao desenvolvemento artístico destas persoas.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas