O concello de Nigrán súmase o domingo 29 de setembro á ‘XVII Xornada de Limpeza Simultánea de Ríos’ no Muíños

adminON
Lectura mínima de 2

Os interesados en participar deben presentarse este día ás 11:00 horas no Muíño de Porto do Molle, que se abrirá para os participantes

O Concello de Nigrán súmase como cada ano este domingo 29 de setembro á ‘XVII Limpeza Simultánea Móllate polos ríos” coordinada por Adega nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social que, neste caso, terá lugar no río Muíños desde as 11:00 horas. O punto de encontro para os que desexen participar é o muíño de Porto do Molle (estará aberto para visitalo). Recoméndase levar roupa e calzado axeitado, luvas e roupa de auga.

Trátase dun día no cal voluntarios e voluntarias de toda Galicia saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza, valor e beleza dos nosos ecosistemas fluviais. Centos de Kg de refugallos xa foron extraídos dos ríos Muíños e Miñor nos anos pasados polas decenas de voluntarios que teñen participado nesta iniciativa.

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental de Adega que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

Comparte este artigo