O Concello de Oia renova a pista deportiva do CEIP Mestre Manuel García

Redacción

O Concello de Oia vén de executar unha actuación de mellora na pista deportiva do CEIP Mestre Manuel García, un espazo de uso intensivo durante todo o ano (incluído o verán), tanto polo alumnado do centro como polas persoas usuarias das actividades deportivas e de conciliación que se desenvolven no recinto escolar.

A pista presentaba un deterioro significativo debido ao paso do tempo e o uso continuado, chegando a perder parte da capa de material que a protexía e garantía a adherencia e seguridade da superficie (slurry). A intervención municipal permitiu recuperar este espazo esencial para a práctica deportiva, devolvéndolle as condicións axeitadas de uso e prolongando a súa vida útil.


A actuación, realizada con recursos propios municipais, supuxo un
investimento próximo aos 47.000 euros, e enmárcase no plan anual de mantemento que o Concello desenvolve cada verán para conservar e mellorar as infraestruturas educativas do municipio.

O Concello de Oia reafirma así o seu compromiso coa conservación e mellora das instalacións destinadas á práctica deportiva, garantindo espazos seguros, accesibles e axeitados para o desenvolvemento das actividades deportivas.

Comparte este artigo