Home Pontevedra Caldas O concello de Portas conmemora o mes das Letras Galegas cunha actuación...

O concello de Portas conmemora o mes das Letras Galegas cunha actuación da eurovisiva galega Lucía Pérez

- Anuncio -

Estará no Auditorio da Azucreira o domingo 26 de maio ás 19:30 horas e conta coa colaboración do programa +Música da Deputación de Pontevedra

A cantante eurovisiva galega Lucía Pérez actuará o vindeiro domingo 26 de maio, ás 19:30 horas, na Azucreira de Portas dentro das actividades deseñadas polo Concello para conmemorar o Mes das Letras Galegas. Esta actuación conta co colaboración do programa +Música da Deputación de Pontevedra e permitirá que o público poida contemplar ao concerto de xeito gratuíto ata completar o aforo.

O Concello de Portas conmemora o Día das Letras Galegas, que este ano está adicado á escritora e poetisa Luísa Villalta, con diversas actividades culturais que se desenvolven ao longo do mes de maio e que teñen como actividade máis salientable a celebración dun concerto da cantante galega Lucía Pérez que está facendo unha xira por toda España e que terá o 26 de maio a oportunidade de actuar ante os veciños e veciñas de Portas e a súa contorna.

Lucía Pérez é unha cantante moi coñecida en Galicia e en España xa que no ano 2005 logrou o premio “Disco-Pop de Solistas de Galicia”, e a finais dese mesmo ano, o lanzamento do seu segundo álbum, “O Tempo Dirá…”, coincide coa súa designación para representar a España no Festival de Viña do Mar, coa canción “Que faría contigo”, que obtén o segundo lugar entre as tres finalistas. No 2006 leva a cabo a súa segunda viaxe a Chile e Arxentina, actuando entre outras cidades como Valparaiso, Viña do Mar, Santiago de Chile, Buenos Aires e Rosario.

En febreiro de 2009, participa por segunda vez no Festival de Viña do Mar coa canción “Este amor é teu”, realizando diversas actuacións nese país. Nos primeiros meses do ano 2010 realizou a gravación do seu cuarto álbum, “Dígocho en galego”, o primeiro da súa carreira gravado integramente na súa lingua natal.

En febreiro de 2011, despois dun rigoroso proceso de preselección, foi elixida por voto popular como representante de España no Festival de Eurovisión, coa canción “Que me quiten o bailao”. Esta circunstancia lévaa a publicar un disco recompilatorio chamado “Cruzo os dedos” no que se inclúen os seus maiores éxitos. A súa participación no Festival fíxoa moi popular, realizando numerosos concertos, non só en España, senón noutros países como Inglaterra, Holanda, Portugal, Finlandia, Suíza ou Alemaña. En 2013 e 2014, Arxentina, México, Uruguai e Brasil son, entre outros, países onde actuou. Mentres, o seu álbum “Quitapenas” íase xestando, para ver a luz en xuño de 2014.

No ano 2018 chega o segundo álbum en galego “Quince Soles”, que celebra con 15 cancións os seus 15 anos no mundo da música. Nela colaboran artistas como Susana Seivane, Xabier Díaz, Vizcaíno, Chema Purón, Chenoa, Sito Sedes, Rosa Cedrón, Emilio Rúa e Tonhito de Poi.

Na actuación que realizará no Auditorio da Azucreira de Portas incluirá os seus grandes éxito así como os principais temas que encimaron a esta artista galega no panorama musical en España e no estraxeiro.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste ao partido da European Cup Feminina entre o Club...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe ao partido de volta dos oitavos de final da European Cup Feminina, que enfrentou ao Conservas Orbe Zendal BM Porriño e...

O BNG de Vigo pedirá a retirada da proposta de Dolores Galovart como nova...

0
A fronte nacionalista insiste en demandar un diálogo entre todos os grupos que permita unha designación unánime fronte ao “dedazo absolutista” que pretende Caballero Advirten...

A Deputación abre este luns o prazo para participar na ruta ornitolóxica de Voando...

0
Da man de SEO/BirdLife, as actividades deste ano comezarán o próximo 2 de febreiro en Nigrán, nunha zona de alto valor ecolóxico que destaca...

Luis López salienta o traballo a prol da inclusión das persoas maiores e con...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde da Lama, David Carrera, visita as instalacións que a Fundación Ofirvida ten neste...

A Deputación levou no 2024 a preto de 13.000 persoas a desfrutar dos recunchos...

0
En total, gozaron de excursións ao abeiro deste programa 202 entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais, culturais e ANPAS de...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á sétima edición do Certame de Rondallas da Área...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe á sétima edición do Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo, un espectáculo que reuniu...

Publicacións Relacionadas