Home Pontevedra O Concello de Salceda de Caselas desenvolverá un curso de Operacións básicas...

O Concello de Salceda de Caselas desenvolverá un curso de Operacións básicas de almacenaxe e reposición de mercadorías, con prácticas en empresas

- Anuncio -

Financiado pola Deputación de Pontevedra a través do Programa Emprego Inclusivo e impartido en colaboración coa Fundación Érguete – Integración, diríxese a persoas desempregadas ou que queiran mellorar a súa situación laboral

A partir do mes de abril, o Concello de Salceda de Caselas colabora coa Fundación Érguete–Integración no desenvolvemento do Programa Emprego Inclusivo, financiado pola Deputación de Pontevedra. O curso de Operacións básicas de almacenaxe e reposición de mercadorías, é unha formación de 190 horas, das que 80 se corresponden con prácticas en empresas.

Dirixido a persoas demandantes de emprego ou que queiran  mellorar a súa situación laboral, e terán preferencia as empadroadas no Concello de Salceda de Caselas.

O curso comezará o 25 de abril e nel incluiranse os módulos específicos de formación en almacenaxe e reposición, manipulación de alimentos, carretilla elevadora e competencias transversais, ademais das prácticas non laborais en empresas. As 190 horas de formación rematarán o 20 de xuño e serán impartidas en diferentes instalacións municipais en horario de 09:00 a 14:00 horas.

A finalidade do proxecto Emprego Inclusivo é mellorar a empregabilidade das persoas que se atopan en risco ou situación de exclusión social, de xeito que poidan incorporarse ou volver ao mercado laboral, desde un enfoque de empoderamento da persoa e o desenvolvemento das súas competencias.

Para recibir máis información ou preinscribirse, poden contactar a través do teléfono da Fundación Érguete–Integración 986 253 176 (de 08:00 a 14:30 h) ou no enderezo electrónico incorpora@fundacionerguete.org .

Selene González, Concelleira de Formación e Emprego: “seguimos apostando pola formación teórico-práctica, conscientes de que as prácticas laborais en empresas son moitas veces a porta aberta para unha futura contratación. Para nós é especialmente importante que poidan acceder a esta formación tódalas persoas interesadas en mellorar a súa situación laboral, independentemente de que estean ou non en situación de desemprego”

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas