- A actuación abranguerá viais, camiños e campos da festa nas parroquias de Cans, Atios, Abelenda, Mosende e San Diego, ademais da Rúa Coruña no casco urbano.
- O proxecto ten un prazo de execución estimado de 4 meses e busca mellorar a seguridade vial, a mobilidade e a accesibilidade veciñal.
O Concello do Porriño continúa avanzando no seu plan de mellora de infraestruturas co inicio duna nova fase de asfaltados que mobilizará un investimento superior cos 188.500 euros que se suman aos máis de 70.000 que acaban de executarse.
As tarefas abranguen intervencións en viais, camiños e entornos veciñais situados nas parroquias de Cans, Atios, Abelenda, Mosende e San Diego, ademais da Rúa Coruña no casco urbano. Tras dar por concluídos os traballos no Camiño da Torre, en Atios, o Concello xa ten adxudicadas as obras planificadas para rúas en todo o municipio, tanto no rural como nas parroquias, onde se executarán solucións técnicas adaptadas ás necesidades específicas de cada zona.
Precisamente nunha visita xunto ao responsable de Vías e Obras, Ramón Porto, ás obras do Camiño da Torre, a piques de remantarde, o alcade eplicaba que “xestionar non só é iniaugurar, senón manter”, apuntando que en 325 metros de camiño estábanse a investir 30.000 euros. Unha cuantía importante que “non é gasto, é inviersión, para a seguridade vial e mellor conectividade das veciñas e os veciños”
Na Rúa Coruña actuarase sobre unha superficie de 729,30 metros cadrados, onde se incluirá nova sinalización vertical. Pola súa banda, no caso de Cans trátase dun camiño de 325 metros cadrados que na actualidade é de terra e que pasará a asfaltarse debidamente, xunto coa correspondente sinalización e pintado. No Camiño en Atios-Rocha rehabilitarase a capa de rodaxe de aglomerado asfáltico nunha superficie de 414 metros cadrados con pintado e sinalización vertical, mentres que no Camiño en Abelenda as tarefas de mellora estenderanse sobre unha superficie de 264 metros cadrados.
O proxecto inclúe tamén actuacións de calado en dous espazos comunitarios de referencia. No Campo da Festa de Mosende-Costeira a superficie de actuación supera os 700 metros cadrados e consta dunha reordenación integral do espazo central e dos seus accesos, executando pavimento bituminoso na zona de circulación, formigón semipulido nos accesos ás vivendas, pavimentación con losas de granito gris arredor da Capela de Santa Leocadia e melloras paisaxísticas con novas zonas verdes e plantación de árbores e arbustos. Ademais, no Campo da Festa de San Diego intervirase sobre 750 metros cadrados para a renovación do aglomerado asfáltico na área de aparcamento e a mellora da rede de drenaxe mediante a instalación de cunetas triangulares, canles de drenaxe lineal de formigón polímero con reixa de fundición e colectores de evacuación.
Con esta liña de actuacións, que conta cun prazo estimado de execución de catro meses, a administración local procura reforzar a seguridade vial, a mobilidade e a accesibilidade veciñal tanto no núcleo urbano como nas contornas rurais do municipio. “E seguiremos euro a euro, parroquia a parroquia”, engadiu Lorenzo.

