Home Pontevedra O Concello reúnese coa Xunta en busca de cofinanciamento para o Penedo...

O Concello reúnese coa Xunta en busca de cofinanciamento para o Penedo Redondo

- Anuncio -

O pasado 7 de Marzo, a alcaldesa Loli Castiñeira e o concelleiro de deportes Marcos Troncoso, mantiveron unha xuntanza co Secretario Xeral para o Deporte en Galicia, José Ramón Lete Lasa. Por parte do Concello presentouse o proxecto de substitución do céspede do Campo de Fútbol do Penedo Redondo, e trasladouse a necesidade de execución desta obra debido ao elevado número de persoas que diariamente fan uso das instalacións e o risco de lesión ao que están expostas. Este risco é a maior preocupación do equipo de goberno, que converte en prioritaria esta actuación na área de deportes nun Concello tan dinámico como Salceda.
O Secretario Xeral para o Deporte comprometeuse a estudiar a proposta e buscar posibles vías de colaboración, coincidindo na importancia da reforma proposta.
A federación Galega de Fútbol fixo entrega do proxecto ao Concello, valorando as obras nun total de 233.930,92€. O Concello busca agora vías de cofinanciamento, con intención de incluír parte do proxecto no Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra e completar o investimento coa aportación que poida facer a Xunta de Galicia.
Marcos Troncoso: “Agradecemos a boa predisposición do Secretario Xeral para colaborar con este proxecto, coincidindo con nós en que é un investimento prioritario polo que se debe apostar e que non debe demorarse, para garantir a seguridade das persoas que fan uso da instalación”.
Loli Castiñeira: “Dende o Concello apostamos decididamente por este proxecto, e asumiremos unha parte importante do mesmo. A colaboración de outras administracións é imprescindible para que esta mellora se faga realidade canto antes”.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas