Home Pontevedra O Salnés O concello volverá a niveis de endebedamento de hai unha década por...

O concello volverá a niveis de endebedamento de hai unha década por mor da sentenza da finca das Cunchas

- Anuncio -

O BNG recorda que, só en intereses e xuros, os custes provocados pola xestión de Telmo Martín no ‘caso Rocafort’ van ser superiores a outras sentenzas desfavorables millonarias, como foi a de Monte Faro


“En vez de facerlle oposición á oposición, o señor Martín debería aclarar á veciñanza por que segue engordando a conta bancaria dos propietarios da parcela a base de dilatar o proceso xudicial”, denuncia o voceiro nacionalista, Fran Leiro

A política de cemento de Telmo Martín obrigará a Sanxenxo a volver a tempos difíciles, como os que se atopou o Goberno do tripartito logo das eleccións municipais de 2015.

Daquela, a débeda municipal era de algo máis de 10 millóns de euros, que practicamente equivale á cantidade que o Concello de Sanxenxo deberá solicitar aos bancos para poder facer fronte á sentencia da expropiación da finca das Cunchas, sempre e cando non prospere o recurso á desesperada presentado ante o Tribunal Supremo para poder fraccionar o pago. O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG), fronte ás mentiras e manipulacións do señor Martín, fala de datos e feitos. Un deles, tal e como lembra o voceiro nacionalista, Fran Leiro, é que “só en intereses e xuros provocados polo empecinamento do alcalde en dilatar o proceso xudicial imos ter que pagar preto de 4 millóns de euros”. Para facerse unha idea da gravidade destes feitos, basta con recordar que a sentenza xudicial polo Solo Urbanizable de Monte Faro foi de 3,6 millóns de euros. “Pero iso ao Partido Popular non lle importa, porque de onde saen os cartos é do peto dos veciños e veciñas de Sanxenxo”, ironizou Leiro.

Unha vez se confirme a solicitude do crédito, Sanxenxo pasará a ser un dos concellos máis endebedados da provincia de Pontevedra, un feito que “as mentiras e manipulacións que o señor Martín pretende utilizar como cortiña de fume non van poder ocultar”. Fran Leiro explica que “volveremos a ter 10 millóns de euros de débeda, como en 2015”. Afortunadamente, nos dous anos de Goberno de esquerdas, ata 2017, “a xestión económica foi impecábel”, como o amosa o feito de que meses dous anos reduciuse o endebedamento en 4,1 millóns de euros. “Ademais, as arcas municipais quedaron o suficientemente saneadas para que a débeda continuase amortizándose”, sinala o edil nacionalista. Unha débeda, por certo, que no ano 2012, en pleno mandato do Partido Popular, alcanzou un tope de 14 millóns de euros. “O señor Martín ten moi pouca vergoña cando pretende imputar a débeda que tiña o Concello en 2017 ao goberno tripartito que só xestionou durante 2 anos, cando ese nivel de endebedamento viña das sentenzas xudiciais adversas e das consecuencias da política de ladrillo do propio alcalde, que entre 2012 e 2014 nos abocaron a un durísimo Plan de Axuste, a recortes de servizos ou á aprobación do ‘catastrazo’”, denunciou Leiro. Lonxe de aprender dos erros do pasado, o Partido Popular e o alcalde “volven tropezar coa mesma pedra”, ao hipotecar á veciñanza coa dilatación dun proceso xudicial que “non fai máis que xerar sobrecustes”.

Con respecto ás críticas realizadas polo alcalde hai uns días, tildando de alarmista ao BNG, o grupo nacionalista recorda que “a nosa estimación sobre os custes do proceso coa familia Rocafort era duns 15 millóns de euros e, por desgraza, non nos trabucamos”. En ningún momento o BNG falou de 44 millóns de euros, senón que esa foi a cifra que pretendían reclamar os propietarios da parcela. “Telmo Martín é perfectamente consciente diso e pensa que pode terxiversar a realidade sen que a cidadanía se dea conta da gravidade da súa xestión”. Leiro vai máis alá ao indicar que o alcalde “chámanos catastrofistas, pero os datos están aí e a sentenza tamén. En vez de adicarse a facerlle oposición á oposición, o que debería facer o señor Martín é dar explicacións de por que segue engordando a conta bancaria dos propietarios da parcela a base de intereses”.

Por último, Fran Leiro volveu incidir en que toda esta situación deixa á veciñanza nunha situación moi difícil, xa que “estes custes non se pagan sós”, de aí os aumentos de impostos e a invención de novas taxas do Goberno municipal, impulsadas por un Telmo Martín que “chama mentirosos aos demais, pero que no seu día afirmou que con el de alcalde a expropiación da parcela tería un custe de 0 euros. Equivocouse por case 15 millóns de diferencia”, lamentou o voceiro nacionalista.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas