O curso de pintura para maiores de 65 anos remata cun resultado espectacular

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de Salvaterra de Miño puxo fin esta semana o último dos cursos que se  imparten para as persoas maiores de 65 anos do noso municipio. Neste caso foron os  alumnos e alumnas de pintura os que recibiron o seu diploma. 

A vista está o espectacular resultado con obras dunha gran calidade e firmadas por  persoas que nunca antes pintaran nin sabían nada desta disciplina. 

Este non é o primeiro curso que se imparte de pintura na Casa do Maior de Leirado e tal  e como se demostrou en anteriores ano trátase dunha actividade moi beneficiosa para  os nosos maiores xa que estimula o cerebro e activa o lado creativo e das emocións. 

A iniciativa que dende fai uns anos desenvolve o Concello de Salvaterra de Miño de  maneira gratuíta contou neste curso con actividades de ximnasia, pintura e memoria que  promoven o envellecemento activo da poboación e están enfocadas no aprendizaxe sen  esquecer o importante que é a socialización.

Comparte este artigo