Hoxe estivo en Vilagarcía o eurodiputado galego, Nicolás González Casares, para dar conta do traballo feito durante esta lexislatura que esta a piques de finalizar, e recabou o apoio unánime dos socialistas da comarca, pola súa gran labor na defensa, en Bruxelas, dos intereses de Galicia e especialmente do Salnés. Un claro exemplo disto, é que, durante esta lexislatura, conseguiuse que as mariscadoras e mariscadores recibiran unha prestación para paliar as consecuencias do desastre marisqueo que han sufrido as rías, a través do Fondo Europeo Marítimo de Pesca y Acuicultura (Fempa). Además, das rías, falouse de outro tema de especial interese para a comarca como é o sector vinícola.

