O vindero sábado 5 de setembro chega unha nova edición do Festival de Charangas de Salceda, organizando pola Charanga SGHAE e o Concello de Salceda, nunha cita que contará coa participación de cinco charangas e coa novidade da creación de 17 peñas formadas por 400 persoas.
O festival e xa considerado o máis importantes de Galicia, e este ano contará coa participación de cinco charangas en total: Os Jaláticos, Os Caliqueños, Costamekrelos, New Tocados e a organizadora Charanga SGHAE. Cabe resaltar a participación da Charanga New Tocados, que chegará a Salceda dende Madrid, dentro da súa xira de despedida, sendo esta a súa derradeira actuación en Galicia.
A xornada festiva comezará co encontro das peñas na Praza do Concello para posteriormente realizar un xantar conxunto. Esta é unha das grandes novidades desta edición, que resultou cunha gran acollida entre a veciñanza, xuntando 17 peñas distintas con preto de 400 persoas participantes, de feito, dende a organización pecháronse as inscricións xa dúas semanas antes do evento.
Ás 17.00 será o turno do pasebares, no que as cinco charangas percorreran varios puntos da vila. As paradas serán no Café Charango, na Parchita e na Maldita, para rematar a xornada na praza do Concello, coas actuacións no escenario a parti das 22.00 da noite.

