Home Pontevedra O Goberno Socialista e o PP de Vilaboa acadan un acordo para...

O Goberno Socialista e o PP de Vilaboa acadan un acordo para o orzamento tras aceptar varias propostas dos populares

- Anuncio -

Tras coñecer que o Goberno local incorpora ás súas contas algunhas das propostas feitas polos populares,

Acuña: “O PP aporta sensatez e incorpora demandas aos orzamentos de Vilaboa”

● Algunhas destas propostas estaban recollidas no programa electoral dos populares, e tamén son froito das reunións que mantiveron con diferentes colectivos locais.

O Partido Popular de Vilaboa amosa a súa satisfacción “ao conseguir que o Goberno local incorpore algunhas das súas demandas aos orzamentos municipais para este ano”. O voceiro Alberto Acuña considera que “o PP fixo un traballo moi importante para presentar alegacións fundamentais para as contas municipais e o feito de que se inclúan algunhas delas aportará sensatez e incorporará demandas históricas aos orzamentos de Vilaboa”, moitas delas incluídas no programa electoral dos populares.

Deste xeito, o PP facilitará a aprobación do orzamento a cambio de que se incorporen partidas fundamentais para o eido cultural e deportivo, con axudas directas a entidades e clubs locais, pero tamén investimentos que son prioritarios para o noso grupo e para os veciños e, moi importante, axudas para autónomos prexudicados pola pandemia.

Acuña, que apostou por ser construtivo e sumar “ante a fraxilidade do goberno”, entende que “con este entendemento, que nace a iniciativa do PP e con propostas serias, coherentes e totalmente viables, gañan os veciños de Vilaboa”.

AS ACHEGAS DO PP

Cultura, educación e deporte:
• Escola de Música de Vilaboa: firmar un convenio de 4 anos, no que para o ano 2021 a axuda sexa de 15.000€ e de 18.000€ nos seguintes anos.
• Banda de Gaitas da A.C. Cobres: firma dun convenio anual de 4 anos, de 6.000€.
• Deporte : Establecer unha contía para axudas o deporte base, debendo ser esta para o ano 2021 de 10.000€ , sendo as bases aprobadas en pleno.
• Entroido de Cobres: firma dun convenio 4 anos de 12.000€.

Promoción e emprego:
• Axuda de apoio o comercio local de 30.000€(incrementarase a partida xa establecida no orzamento en 5.000€ no momento de aprobar as bases), sendo estas bases consensuadas co Grupo Popular e aprobadas en pleno, para todos os sectores que soportaron a crise e calquera tipo de inversión ou gasto ordinario.
• Establecer un convenio de colaboración coa Confraría de Pescadores Pedra de Oliveira de Vilaboa, para a adquisición de semente , cun importe de ata 10.000€.

Investimentos:
O Concello de Vilaboa dispón do remanente suficiente para poder afrontar distintas inversións, de carácter urxente e necesarias que non se poden demorar. Neste sentido daranse prioridade as seguintes obras, unha vez presupuestadas e cun límite imposto de non superar os 600.000€ do remanente:
• 1º Finalizar a rede de abastecemento de auga Picho-Toural-Acuña(Connorsa).
• 2º Pista principal Pazos-Sobreira
• 3º Rede de saneamento do Concello.
Estas obras estarán consensuadas nunha comisión conxunta de ambos grupos municipais.

Obras:
O Grupo Popular disporá para a súa elección de onde inverter, unha cantidade de ata 30.000€ procedente das posibles baixas do Plan Concellos 2021, se o resultado das baixas fose inferior a esta cantidade, o 100% do remanente resultante estaría a súa disposición.

Acuña recalco que tras este acuerdo el PP sigue su línea de trabajo como lideres de la oposición “ segiremos siendo los encargados de trasladar todas las solicitudes de nuestros vecinos al pleno del concello “

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas