Home Pontevedra Deza O IV Salón Motor Okasión arrincou hoxe con máis de 400 vehículos...

O IV Salón Motor Okasión arrincou hoxe con máis de 400 vehículos e vantaxosas ofertas

- Anuncio -

• O EVENTO, QUE TEN LUGAR NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA, MOSTRA UNHA GRAN VARIEDADE DE COCHES SEMINOVOS, QUILÓMETRO CERO E DE OCASIÓN

• ESTENDERASE ATA O DOMINGO EN HORARIO DE 10.00H A 21.00H

O Salón Motor Okasión abriu esta mañá as portas da súa cuarta edición no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA cunha ampla oferta de coches seminovos, quilómetro cero e de ocasión.

Organizado por OK Eventos, o certame contará ata o domingo con máis de 400 vehículos de distintas marcas, gamas e modelos, co obxectivo de adaptarse ás diferentes necesidades dos visitantes.

As catorce empresas presentes, que son tanto concesionarios oficiais como compravendas multimarca de distintos puntos de Galicia, ofrecen durante estes tres días interesantes ofertas e tamén condicións especiais. Estas son Start Motor, Galaicar, Golden Car, Minerva, CCK, Grupo Car, Pais Automoción, Gr Cars, Senra Sport, Hyupersa, Outes Motor, JCV, Gómez Alén e Xaquín.

O custo da entrada é de 3€ por persoa e día, se ben os menores de 16 anos poden acceder de forma gratuíta. O horario de apertura da feira é moi amplo para facilitar a asistencia do público, estendéndose de 10.00h a 21.00h

Para todo tipo de orzamentos

A exposición de este IV Salón Motor Okasión mostra vehículos de gran diversidade de prezos, con opcións para todo tipo de orzamentos que van dende os 5.000 euros hasta os 80.000 euros.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas