Home Vigo Mos O nacemento do Celta Feminino do embrión da Unión Deportiva Mos Feminino...

O nacemento do Celta Feminino do embrión da Unión Deportiva Mos Feminino afianza o vínculo entre o clube celeste e a localidade mosense

- Anuncio -

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, declarábase “emocionada, ilusionada e sobre todo moi orgullosa das nosas xogadoras da UD Mos”

Esta tarde celebrouse en A Madroa a presentación da nova sección feminina do RC Celta. O equipo feminino celeste, que será o actual UD Mos Feminino, comezará a xogar a próxima tempada.

Ao acto asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Deportes mosense, Feli Rodríguez, e demais membros do equipo de goberno local do Concello de Mos.

Arévalo, rexedora local mosense, declarou ante os medios de comunicación que “síntome enormemente emocionada ao ser testemuña da presentación do proxecto feminino do RC Celta integrado polas nosas abellas da Unión Deportiva Mos e que comezará a xogar a próxima tempada en Terceira Federación, máis equipos infantil, cadete e filial. Atopámonos ante un feito histórico que, como lembraba a presidenta Marian Mouriño, coincide cando se cumpren 100 anos da unión entre o Fortuna e o Victoria para crear o Celta”. “Agora, en 2024, a unión histórica ten un marcado carácter feminino”, destacou Nidia Arévalo, quen tamén apuntou que “como alcaldesa de Mos vivo este momento máxico chea de afouteza e corazón ante este proxecto tan ilusionante e ambicioso”.

A alcaldesa insistiu en que “con este novo paso damos continuidade ao forte vínculo establecido entre o Celta e Mos: primeiro coa Cidade Deportiva AFOUTEZA, agora co UD Mos Feminino converténdose no Celta Feminino e sendo As Baloutas canteira do Celta Feminino, en nun futuro próximo co vindeiro Galicia Sports 360”.

Nidia Arévalo calificou o momento, ademáis de “histórico”, como un “soño feito realidade” tanto para o deporte mosense en xeral como para as xogadoras do Mos Feminino en particular. Xa que “o máximo ao que pode aspirar unha futbolista da área metropolitana é a xogar no Celta” dixo a rexedora municipal.

E é que esta é unha gran oportunidade para as xogadoras, tanto no que respecta á súa formación, como na oportunidade de dispoñer dos recursos adecuados para loitar polo seu soño: xogar ao fútbol. Por todo elo as xogadoras da UD Mos están a vivir o novo vínculo co clube celeste con enorme emoción, ilusión e orgullo.

Arévalo rematou as súas declaracións cun “sincero agradecemento, un gracias con maiúscula, para o presidente da UD Mos, Pablo Serodio, e para os adestradores das nosas abellas; pola súa xenerosidade infinita a prol do futuro do fútbol feminino de Mos e de toda a Área”.

Relacionadas

A Deputación investirá preto de 400.000 euros na mellora da pavimentación e o acceso...

0
O Concello de Rodeiro tamén recibirá una illa ecolóxica de reciclaxe enmarcada no programa “Da túa man (rural)” financiado con fondos europeos A Deputación de...

Orgullo Pontevedra 2024, unha semana chea de actividades para reivindicar os dereitos LGBTIQA+

0
Comezarán o día 19 de xuño coa colocación da faixa multicolor no balcón da Casa Consistorial, e  continuarán dende o 23 ao 29 de...

O Concello ratifica que se manteñen as prazas para aparcar en toda a beirarrúa...

0
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, entende “a confusión da cidadanía pola nova anchura da beirarrúa, pero nese lado non se suprimen as prazas,...

Celébrase a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho

0
Este xuño, Marín celebra a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho, querendo achegar aos padais dos máis apaixonados da gastronomía a través...

Luis López reforzará a cooperación entre a Deputación e Xunta nun encontro institucional co...

0
O presidente provincial recorda colaboracións como as de Santa Clara ou o Cine Fraga de Vigo para remarcar a “sintonía” e “compromiso” polo progreso...

Luis López sinala a obra da Praza de Barcelos como exemplo do impulso da...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, destacou a importancia da colaboración co Concello para sacar adiante proxectos estratéxicos durante unha visita á...

Publicacións Relacionadas