Free Porn
xbporn
Home Vigo O Porriño O Plan Integrado de Emprego do Porriño logra un 40% de inserción...

O Plan Integrado de Emprego do Porriño logra un 40% de inserción laboral nos tres primeiros meses

- Anuncio -
  • Participantes do programa recolleron hoxe os seus diplomas formativos da man do alcalde, Alejandro Lorenzo

Desde mediados de febreiro está en marcha o Plan Integrado de Emprego (PIE), un completo programa dedicado a mellorar a empregabilidade no Porriño das 100 persoas participantes ó longo do ano. A día de hoxe, “estamos moi contentos co resultado obtido ata o de agora, cun 40% de inserción laboral en tan só estes meses e con máis incorporacións previstas nas vindeiras semanas. O obxectivo inicial do programa era do 45% de inserción e xa pronto o lograremos”, declara Rosario Costas, Concelleira de Emprego e Formación.

Esta mañá o Alcalde, Alejandro Lorenzo, xunto con Costas fixeron a entrega dos diplomas dos 13 cursos impartidos ata o de agora en diferentes competencias e niveis: habilidades sociais, técnicas de venda, emprendemento, búsqueda de emprego, manipulación de alimentos,  manexo e uso seguro de carretillas elevadoras, entre outros cursos.

Dentro deste Plan, ofrécense tamén cursos de coaching, novas tecnoloxías ou idiomas, entre outros.

O rematar a formación teórica, hai unha parte de prácticas en empresas. “Tratamos sempre de buscar empresas que teñan postos que ofrecer o terminar as prácticas. Valoramos moito esas prácticas ao finalizar as formacións teóricas, porque é o contacto coa realidade”, explica Rosario Costas.

“Agradecemos ás empresas a súa colaboración e a predisposición que mostran de contar para as súas prácticas cos usuarios/as do programa”, conclúe Alejandro Lorenzo.

Accións de información, orientación, formación e asesoramento para conseguir emprego

O Plan Integrado de Emprego contempla o desenvolvemento de accións de información, orientación e asesoramento para a procura de emprego. Ditas accións teñen carácter transversal a todas as actuacións do programa e consisten nun seguimento personalizado de inserción adaptado e individualizado para cada unha das persoas desempregadas.

Ademais, tamén se imparte formación, coa organización de diversos cursos. Así, de maneira complementaria ás accións anteriores, levan a cabo técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a procura de emprego, tanto por conta propia como allea. E desenvolven diversos obradoiros nos que adestran as habilidades sociolaborais ou a simulación de entrevistas de emprego.

Outras das accións para executar dentro do Plan Integrado de Emprego son o fomento e capacidade emprendedora, prospección empresarial e obradoiros sobre mobilidade laboral. Ademais, realízase un casamento adecuado entre oferta e demanda, recollendo a oferta existente na contorna e seleccionando ás persoas candidatas idóneas para cubrila.

Finalmente, unha vez concluída a formación teórica e práctica, compleméntase coa realización de prácticas non laborais en empresas colaboradoras baixo a supervisión dun titor. Estas prácticas sempre se levan a cabo en empresas que estén en condicións de contratar nese momento.

Este Plan conta cunha subvención por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de 220.000 euros, que, xunto aos 55.000 euros de achega municipal, suma un total de 275.000 euros dedicados a mellorar a empregabilidade en Porriño.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas