Home Pontevedra O Salnés O PP presenta no Parlamento galego unha iniciativa para esixir a Costas...

O PP presenta no Parlamento galego unha iniciativa para esixir a Costas que rectifique e autorice a renovación do colector de Tragove a Vilanova de Arousa

- Anuncio -

• Elena Suárez denuncia que “todo o que chega a ese Ministerio desde Galicia e con referencia ao sector mar-industria se paraliza automaticamente”.

• Sabela Fole: “pedimos ao Concello de Cambados que presione con decisión e sen titubeos para que Transición Ecolóxica autorice estes traballos”.

• Gonzalo Durán pregunta onde están os socialistas da comarca: “Están consentindo que se verta á ría e traballando en contra do sector mar-industria”.

O Partido Popular presenta unha iniciativa no Parlamento de Galicia para esixir á Dirección Xeral de Costas que rectifique os criterios de valoración aplicados no proxecto de renovación da rede de colectores de augas residuais entre Vilanova de Arousa e a EDAR de Tragove e autorice a execución dos traballos.

Así o anunciaron esta mañá a deputada autonómica Elena Suárez, a voceira e candidata do PP de Cambados, Sabela Fole, e o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, que denunciaron desde a depuradora de Cambados “as importantes deficiencias que ten o colector”.

Segundo explicou Suárez, desde Augas de Galicia hai un proxecto para reparalo, con orzamento para executalo. Desde Costas de Pontevedra deron a autorización, pero cando o proxecto chegou a Madrid, “co Ministerio de Transición Ecolóxica topamos. Non sei que pasa, que todo o que chega a ese Ministerio desde Galicia e con referencia ao sector mar-industria, se paraliza automaticamente”. Unha decisión que, engadiu, “está danando de xeito importante a un sector fundamental para Galicia e para a nosa provincia, é fundamental que se aprobe esa autorización”.

Nesta mesma liña se manifestou Sabela Fole, que reclama ao Concello de Cambados implicación. “Xa solicitamos que nos informen das alegacións que o Goberno local fixo ante o rexeitamento do Ministerio, queremos saber que accións están levando a cabo. Pedimos que presione con decisión e sen titubeos para que o Ministerio autorice estes traballos. É fundamental que todas as administracións traballemos xuntas, e por iso confiamos en que o Parlamento galego aprobe por unanimidade esta iniciativa”. Ademais, recordou que “estase facendo un investimento importante para mellorar a depuradora pero aquí temos unha tubaxe que xa hai máis de catro anos que ten deficiencias importantes e provoca que estea vertendo á ría de xeito incontrolable”.

Pola súa parte, Gonzalo Durán dixo que “non hai organismo menos ecolóxico que o que está permitindo que se vertan as fecais directamente ao mar. É unha auténtica barbaridade”. E preguntou que están facendo o Concello de Cambados, a Mancomunidade do Salnés ou os deputados nacionais do PSOE nesta provincia. “Onde están? Están consentindo e permitindo que se verta á ría. Traballando en contra da ría e do sector mar-industria. Esta situación afecta a toda a ría, non é un problema exclusivo de Vilanova de Arousa ou de Cambados”.
Ademais, pediu ao Concello de Cambados que aclare cando remitiu a Costas do Estado a solicitude de permiso para cambiar a tubaxe. “Ten que ter rexistro de saída. A que están xogando? Por que non se pediu o permiso? Si non piden o permiso, temos que crer que están facendo algo por desbloquear esta situación?”

Por último, Elena Suárez dixo que esta actitude do Ministerio do Goberno central contrasta co compromiso da Xunta de Galicia, e recordou que desde o ano 2009 ten en marcha un plan que permitiu a redución dun 25% dos vertidos que van ás rías galegas. Entre esta iniciativa e o plan de saneamento local das rías galegas, o goberno autonómico investiu 1.100M€ para traballar no saneamento das rías.
e punto”.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas