Home Pontevedra Deza O salón Auto Classic celebrarase finalmente do 19 ao 21 de novembro,...

O salón Auto Classic celebrarase finalmente do 19 ao 21 de novembro, xunto co certame Motor Ocasión Galicia

- Anuncio -

• ESTABA PREVISTO ENTRE OS DÍAS 12 E 14 DESE MESMO MES CONXUNTAMENTE COA CITA MOTOR SHOW, A CAL SÍ MANTÉN AS DATAS

• TERÁN LUGAR NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA, ONDE Á SÚA ÁREA EXPOSITIVA SE UNIRÁN DISTINTAS ACTIVIDADES

O salón Auto Classic, cuxa celebración estaba prevista entre o 12 e o 14 de novembro, atrasa as súas datas unha semana por motivos organizativos. Así, esta cita, terá lugar no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA do 19 ao 21 de novembro.

Deste xeito, Auto Classic celebrarase xunto co salón Motor Ocasión Galicia, no cal tanto empresas de compra-venda como concesionarios mostrará durante eses mesmos días vehículos de segunda man de todos os prezos, marcas e modelos.

Auto Classic, centrado nos vehículos clásicos, contará con exposición e venda de coches antigos, así como todo tipo de pezas para restauración. Ademais, estarán presentes revistas especializadas e outras empresas relacionadas. Á súa exposición sumaranse actividades como unha concentración de coches antigos e varios roteiros pola comarca do Deza con chegada ao recinto feiral.

O horario de ambos salóns, organizados por Sac Events, será durante os tres días de 11.00 h a 21.00 h.

O Motor Show mantén datas

Por outra banda, o certame Motor Show Galicia, programado inicialmente xunto con Auto Classic, mantén as súas datas e terá lugar do 12 ao 14 de novembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA.

Esta cita terá como protagonistas aos vehículos de competición. Na súa exposición poderase adquirir todo tipo de equipamento para estes coches, desde rodas ou lamias ata equipos de música ou produtos para abrillantamento, ademais de servizos relacionados, entre eles contratación de seguros. Tamén incluirá actividades, como exposición de coches de competición.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas