O Servizo de Emerxencias de Mos conta con 16 efectivos este verán

adminON
Lectura mínima de 8

–          Aos 12 GES súmanselle 3 novos condutores motobomba que se incorporan este mes.

–          A base do Servizo Municipal de Emerxencias será obxecto de melloras durante o vindeiro mes de setembro.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o edil de Emerxencias, Leo Costas, achegáronse esta mañá ata as dependencias do Servizo Municipal de Emerxencias na Veigadaña, onde se acometerán próximamente obras de reforma da cuberta, para dárlle a benvida aos 12 GES que veñen de incorporarse ao Grupo Supramunicipal de Emerxencias de Mos. En total este verán o Servizo de Emerxencias contará con 16 efectivos entre os xa existentes, os 12 GES, e os 3 condutores motobomba que se incorporarán este mes.

O funcionamento do GES de Mos é posible grazas a un convenio de colaboración asinado coa Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e a Deputación Provincial de Pontevedra, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais.

O convenio foi asinado por parte da Xunta de Galicia, por Diego Calvo Pouso, vicepresidente primeiro e conselleiro da Presidencia, Xustiza e Deportes; por parte da Deputación Provincial de Pontevedra, polo seu presidente, Luis López Diéguez e por parte da Federación Galega de Municipios e Provincias (en diante FEGAMP), polo seu presidente, Alberto Varela Paz.

O GES de Mos está composto por 12 efectivos e, en colaboración e coordinación co Servizo Municipal de Mos e coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos, realiza as seguintes funcións: Intervir en incendios forestais e urbanos no ámbito territorial da súa demarcación. No caso de incendios forestais coordinaranse tecnicamente co distrito forestal. No caso de que na súa demarcación exista parque comarcal de bombeiros, a actuación en incendios urbanos realizarase de xeito coordinado con este. Definir e manter as redes de faixas de xestión da biomasa de prevención e defensa contra os incendios forestais de competencia municipal. Investigar a propiedade das redes de faixas secundarias de xestión de biomasa forestal en aplicación na Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, para crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal, mediante rozas en terreos forestais ou de influencia forestal de titularidade dos concellos ou de propietario descoñecido e perímetros e parcelas declaradas como abandonadas segundo a Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia. Realizar actuacións de prevención da vespa velutina por seguridade da poboación tales como control e retirada de niños, entre outras actuacións que contribúan a súa prevención. Prácticas preventivas naqueles camiños e espazos públicos que poidan ao mesmo tempo servir de cortalumes. Intervir en situación de risco e de emerxencia para manter a rede de estradas, e en ser responsables do seu mantemento, mediante a súa limpeza e retirada de obxectos, especialmente no caso de accidente, utilizando para elo os materiais e medios que se requiran. Intervir en situacións derivadas de riscos naturais, nevaradas, inundacións, temporais, xeadas, choivas intensas, sismos, derrubamentos, corrementos de terra, situacións de seca, así como actividades de control fronte a vespa velutina por seguridade das persoas. Colaborar e, de ser o caso, intervir en situacións derivadas de riscos inducidos polo home. Colaborar coas autoridades competentes en materia de protección civil en casos de aglomeracións de persoas en lugares e momentos determinados. Colaborar e prestar apoio en calquera situación que implique riscos para persoas, bens ou medio ambiente. Colaborar nas funcións correspondentes dos grupos de acción establecidos nos plans de emerxencia municipal (PEMUS), plans de actuación municipal (PAM), e nos diferentes plans de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, previstos na normativa legal vixente. Realizar actividades e, se é o caso, establecer medidas preventivas que diminúan ou minimicen as situacións de riscos. Retirada de animais feridos, mortos ou abandonados, que ocasionen un risco para a salubridade ou risco pola perigosidade debido á tipoloxía, raza, estado, ou situación do animal. Eventualmente axudarán a garantir a sanidade e a salubridade das persoas, dos espazos públicos e do medio ambiente participando na limpeza e recollida de materiais nocivos que requiran ser retirados de xeito inmediato por ser un risco para as persoas, bens ou medio ambiente. Calquera outra en materia de protección civil, emerxencias e medio ambiente, servizos sociais, culturais, educativos e deportivos e outras de competencia municipal, vinculadas a unha situación emerxencia ou prevención da mesma, ou calquera actuación necesaria para resolver unha situación de urxencia e interese público. En definitiva, realizan todo tipo de actuacións en materia de prevención de riscos en xeral e de incendios forestais en particular.

O financiamento dos 12 GES de Mos require dunha inversión total de 320.000,00 € que se asume do seguinte xeito: 128.000,00 € apórtaos a Deputación, a Consellería do Medio Rural- Dirección Xeral de Defensa do Monte aporta 152.250 € (145.821,43 euros a través de Extinción e 6.428,57 euros a través de Prevención), 24.000,00 € apórtaos o Concello e os 15.750,00 € restantes a Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta a través da Dirección Xeral Administración Local.

Reforma da cuberta da base de Emerxencias

Por outra banda os representantes municipais Arévalo e Costas, aproveitaron a visita para anunciar a obra de mellora da cuberta da nave de Emerxencias do Concello de Mos, base do Servizo Municipal de Emerxencias, os GES e Protección Civil. Para a realización da actuación a administración local mosense recibe unha subvención do Fondo de Compensación Ambiental en réxime de concorrencia competitiva, outorgada pola Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, por importe total de 23.013,20 €, sendo o orzamento total dos traballos de 30.684,27 €.

O obxecto da obra é a colocación de panel sándwich na zona na que se atopan os dormitorios e a oficina coa retirada dos paneis de fibrocemento existente e a impermeabilización dos canalóns e a colocación de novas baixantes, xa que as existentes discorren polo interior dos pilares de formigón da edificación.

En grandes rasgos as obras serán: Sinalización da obra. Desmontado, acopio e tratamento por empresa especializada en desamiantados da cuberta de pranchas de fibrocemento. Subministro e colocación de pranchas sándwich, cor verde de 5,00 cm. de espesor en cuberta e pinchos da fachada norte e sur. Impermeabilización de canalóns existentes. Subministro e colocación de baixantes de sección circular executada en zinc.

Comparte este artigo