Home Vigo Baiona O vindeiro xoves a Casa da Navegación acolle a conferencia “O Turismo...

O vindeiro xoves a Casa da Navegación acolle a conferencia “O Turismo en Baiona de Galicia: O nacemento do sector turístico local” a cargo de Víctor Miguel Fernández

- Anuncio -

O vindeiro xoves, día 22 de xullo, ás 20:00 h o Auditorio da Casa da Navegación acollerá a conferencia “O Turismo en Baiona de Galicia: O nacemento do sector turístico local” a cargo de Víctor Miguel Fernández, Máster en Dirección Internacional do Turismo.

A conferencia do xoves é unha presentación parcial do Traballo Fin de Máster en Dirección Internacional do Turismo ( URJC, 2020) sobre as orixes do sector turístico local e os establecementos da Idade de Ouro (1887-1936), que foi distinguido pola organización REDINTUR en novembro do pasado ano como un dos mellores traballos turísticos de posgrao a nivel nacional.

O relatorio estará enfocada nas grandes transformacións e avances que sufriu a vila durante o século XIX, expoñendo de forma dinámica e de maneira gráfica distintos aspectos como son as propias orixes do municipalismo baionés, a construción da estrada de Vigo á Garda pola costa, os primeiros transportes e aloxamentos turísticos, a fundación das primeiras sociedades recreativas e a chegada do lecer, a privatización turística da fortaleza de Monte Real, a importancia cultural das festas de San Cosme, a chegada dos primeiros empresarios turísticos á vila, o inicio da Idade de Ouro do turismo en Baiona, a aparición da barriada de chalés de estilo inglés e hoteis modernos como consecuencia das crises de masificación turística de finais do XIX, o IV Centenario do Descubrimento, a construción da Casa de Baños da Concheira, e os principais impactos do turismo na política e a economía da vila a finais do XIX e principios do XX.

Durante o relatorio realizarase unha introdución á actual tese doutoral que se comezou a desenvolver a partir deste pasado curso 2020/21 sobre a evolución do turismo en Baiona como caso de estudo sobre a importancia da Historia do Turismo na planificación estratéxica sostible dos destinos locais, que deriva das investigacións históricas realizadas para o TFM. A investigación levada a cabo para o TFM deriva, á súa vez, das primeiras investigacións histórico-turísticas realizadas para o Traballo Fin de Grao en Turismo ( URJC, 2019) baixo o título “O Turismo en Baiona de Galicia: Horizonte 2050”, o cal trataba acerca da elaboración dun Plan Estratéxico de Turismo sostible a longo prazo para a vila.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas